A boca aberta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A boca aberta
Ficha técnica
Título orixinalLa Gueule ouverte
DirectorMaurice Pialat
GuiónMaurice Pialat
Intérpretes
FotografíaNéstor Almendros
MontaxeArlette Langmann
Estrea1974
Duración82 minutos
Orixe Francia
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0071587 Filmaffinity: 533985 Allocine: 6746 Allmovie: v144489 Editar o valor em Wikidata

A boca aberta (en francés: La Gueule ouverte) é un filme francés de 1974 dirixido por Maurice Pialat. Representa, de xeito realista, unha muller que atravesa unha enfermidade terminal e tamén se enfronta ás tumultuosas vidas do seu marido e do seu fillo. Foi un dos filmes de Pialat con menos éxito comercial.[1] Foi o terceiro filme dos dez que dirixiu antes da súa morte en xaneiro de 2003.

Está protagonizado por Monique Mélinand, Philippe Léotard, Hubert Deschamps e Nathalie Baye. Néstor Almendros, o fotógrafo español coñecido por traballar con directores da Nouvelle Vague como François Truffaut e Éric Rohmer, colaborou con Pialat por primeira vez neste filme.[2] O título é unha referencia poética á posición da boca aberta que ás veces se atopa nos cadáveres.[1]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Monique Mélinand interpreta unha muller na fase finais dunha doenza terminal. O seu fillo Philippe, a muller de Philippe Nathalie e o seu marido Roger intentan consolala mentres ela atravesa o seu calvario. Porén, eses dous homes máis achegados da súa vida persoal comezan a involucrarse máis nas súas relacións con múltiples amantes. O seu marido coquetea cos clientes na súa tenda de roupa e mercería mentres o seu fillo coquetea coas enfermeiras. O filme incorpora elementos da ópera de Mozart Così fan tutte con efectos poéticos, relacionados con estas escenas.[3] Finalmente, a muller pasa por varios momentos fondamente emotivos mentres a doenza cobra a súa vida.[3]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Marías, Miguel (xullo de 2006). "La Gueule ouverte". Senses of Cinema. Cinémathèque Annotations on Film, Issue 40. Consultado o 22 de maio de 2017. 
  2. McCalmont, Jonathan. "La Gueule Ouverte (1974) – Part of the Furniture". Ruthless Culture. Consultado o 25 de agosto de 2010. 
  3. 3,0 3,1 Megahey, Noel (28 de abril de 2009). "La Gueule ouverte (1974)". The Digital Fix. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 24 de agosto de 2010.