A Quenlla (grupo musical)
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Quenlla.
| A Quenlla | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | , Galiza |
| Período | 1984 - ? |
| Xénero(s) | Folk |
| Selo(s) discográfico(s) | |
| Membros | Chusa, Tareixa, Mariña, César, Iria, Mijail, Manuel Varela, Raúl Galego, Mini e Mero |
| Antigos membros | |
| Web oficial | www.aquenlla.com |
A Quenlla é un grupo galego fundado no ano 1984 por varios músicos, entre os que se atopaban Mini e Mero, ex-compoñentes históricos do grupo Fuxan os Ventos. O proxecto da Quenlla naceu coa intención de elaborar un estilo próximo ao folk e á música tradicional galega, pero sen abandonar a temática social e reivindicativa, un aspecto que Fuxan os ventos viñera descoidando. Á formación inicial, de só tres persoas, fóronse sumando distintos músicos, até acadar a decena no momento actual.
As letras da Quenlla baséanse en dúas fontes: a música tradicional e os escritores galegos, sendo moi numerosas na súa discografía as adaptacións de diferentes poemas de Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, Darío Xohán Cabana ou Xosé Luís Méndez Ferrín, así como a inclusión nos discos de textos recitados.
Outra característica do grupo é unha certa tendencia a facer discos temáticos, como xeito de incidir nunha determinada mensaxe. Así Európolis '88 é unha crítica feroz á Unión Europea; A casa que nunca tivemos, unha reflexión metafórica sobre a Galiza e o amor á terra; e Namórate da vida, un canto contra os perigos da droga (este disco foi feito en colaboración coa Federación Galega de Asociacións de Axuda ó Drogodependente).
O grupo tamén ten colaborado numerosas veces poñendo banda sonora a distintos documentais e outras obras videográficas.
Índice |
[editar] Discografía
[editar] Traballos
- 1986: Os tempos inda non, non son chegados
- 1988: Európolis '88
- 1990: Máis alá da néboa
- 1992: Terra
- 1993: Nadal en galego: Galicia canta ó neno
- 1996: A casa que nunca tivemos
- 1999: Namórate da vida
- 2004: Silencios na memoria
- 2007: 17 canciones de troula
[editar] Colaboracións e discos colectivos
- 1997: Xogando coa música 1
- 1998: Xogando coa música 2
- 2004: Chill Out Celta en Galicia
[editar] Recompilatorios
- 1997: As nosas cancións. Vol. 1
- 1998: As nosas cancións. Vol. 2
[editar] Bandas Sonoras
- 1988: Galicia: 70 anos de nacionalismo
- 1988: Historia da Lingua Galega
- 1989: Longa noite de pedra
- 1990: Luís Pimentel: máis alá da néboa
- 1991: Patria poética