A Pléiade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Pléiade (que nun primeiro momento foi chamado «A Brigada») é un grupo de sete poetas franceses do século XVI reunidos ó redor de Pierre de Ronsard e Joachim du Bellay.

Orixes do grupo[editar | editar a fonte]

Despois da desaparición de Clément Marot, a gran figura da poesía francesa no Século XVI moitos foron os que trataron de imitar ao gran mestre, formando o que se chamou a Escola Marótica, epígonos carentes de orixinalidade entre os que destacou a figura de Mellin de Saint-Gelais. Esta escola sería o branco dos ataques dos renovadores de A Pléiade.

Con todo, e antes de que este grupo brillara no ceo poético francés, o eixo desprazouse á cidade de Lyon, onde xurdiu un interesante grupo de poetas, agrupados na chamada Escola Lionesa. Unha das características deste grupo é que había poetas (Maurice Scève) e poetisas (Pernette du Guillet, Louise Labé).

A partir de 1547 e ao longo de cinco anos, unha serie de xoves admiradores da cultura greco-latina acudiron aos cursos do célebre humanista Dorat, no colexio de Coqueret, en París. Entre eles ficaban Ronsard, du Bellay e Baïf. Estudaban ós grandes mestres clásicos baixo o recente prisma do humanismo. A petición de Francisco I, traballaron tamén pola estandarización e o enriquecemento da lingua francesa, engadindo cultismos e neoloxismos que serviron para enriquecela.

A Defensa e ilustración da lingua francesa[editar | editar a fonte]

Esta obra publicouse, coa sinatura de Joachim du Bellay no 1549. Trátase dun manifesto que de algún xeito resume a doutrina do grupo. O grupo nega a poesía como exercicio de enxeño: a misión do poeta é servir á Beleza e facer que a xenialidade francesa se manifeste. Como para facer prosperar as súas teorías era preciso ser máis belixerantes ao comenzo, adoptaron o nome de A brigada. Con todo, máis adiante transformáronse en A Pléiade e, aínda que con baixas e altas máis adiante, foron (como as estrelas da constelación) sete:


Tamén se consideran membros do grupo en algún momento Guillaume des Autels, Jacques Pelletier du Mans e Jean de la Péruse.

Defenden á vez a imitación dos autores greco-latinos e o valor cultural da lingua francesa. Manifestan o alexandrino e o soneto como formas poéticas maiores.