Rémy Belleau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A casa natal de Rémy Belleau en Nogent-le-Rotrou.

Rémy Belleau, nado en Nogent-le-Rotrou en 1528 e morto en París en 1577, foi un poeta francés da Pléiade.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Belleau realizou os seus primeiros estudos cos freires da abadía de Saint-Denis en Nogent-le-Rotrou, proseguíndoos a partir de 1553 en París, completando unha formación clásica, cunha forte afección á poesía grega.

Xuntouse a un grupo de poetas novos que se formara no collège de Coqueret: Pierre de Ronsard, Antoine de Baïf, Joachim du Bellay, e despois á Pléiade en 1554 e en 1556 publicou unha tradución das Odas de Anacreonte, o éxito desta foi considerable, a pesar de Ronsard pensar que era un pouco seca, o traballo de Belleau forneceu ó grupo dun novo estilo baseado na fidelidade e a exactitude. Belleau continuou traducindo, publicou o Cantar dos cantares e de Safo a Oda á amada, por primeira vez traducida ó francés. Nese mesmo 1556 publicou Petites Inventions, inspirada na poesía grega antiga e La Bergerie, do xénero pastoril é unha narración en prosa con poemas de amor e campestres incorporados que se converteu en prototípico do Renacemento francés.

En 1576 apareceu "Les Amours et Nouveaux Eschanges des pierres précieuses, vertus et propriétés d’icelles, nesta obra dá conta das propiedades das pedras, da súa historia, o mito da súa orixe asociando o simbolismo das pedras ás interpretacións filosóficas e científicas.

Aínda que nun primeiro momento foi partidarido da Reforma, o autor alíase co partido dos seus protectores, os Guisa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Obras completas de Belleau en Gallica):