A Casiña, Arcos, Cuntis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Casiña

Lavadoiro e imaxe da Virxe de Monserrat na Casiña.
ParroquiaArcos
ConcelloCuntis
Coordenadas42°40′17″N 8°32′37″O / 42.671461808738, -8.5435117771984Coordenadas: 42°40′17″N 8°32′37″O / 42.671461808738, -8.5435117771984
Poboación92 hab. (2021)
editar datos en Wikidata ]

A Casiña é un lugar da parroquia de Arcos no concello pontevedrés de Cuntis, na comarca de Caldas. Nos últimos anos a súa poboación segue unha tendencia descendente. Segundo o Instituto Galego de Estatística,[1] en 2021 tiña 92 habitantes, dos cales 45 eran homes e 47 eran mulleres.

Dentro da aldea hai varios barrios. A Casiña é o principal e máis céntrico, na ribeira dereita do río Gallo e á esquerda do regato Freixiño. A Esquiza atópase máis ó leste; A Fresca ó norte, na estrada que vai ó Piñeiro; A Sobreiriña ó oeste, na beira dereita do Freixiño, na pista que vai a Loureiro de Abaixo; Furco ou Furco Mau atópase ó suroeste, atravesado polo regato Freixiño; A Devesa sitúase ó sur, xa na ribeira esquerda do río Gallo; e máis ó sur aínda encóntrase A Gándara, onde tamén se sitúa a escola pero xa na parte do lugar de Cornado.[Cómpre referencia]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Na Casiña hai seis muíños no río Gallo. Dous na Esquiza, a carón da pista asfaltada que vai cara ao lugar de Ducío; o muíño da Braña grande, xusto no río; o muíño da Veiga do Muíño, preto da ponte da Casiña; o muíño da Devesa, no barrio da Devesa e o muíño da Revoltiña, uns 300 metros máis abaixo da Devesa.

No Rego do Campo hai un lavadoiro cunha imaxe en pedra da virxe de Monserrat, padroa da Casiña. Antigamente poñíase unha mostra dos mellores froitos arredor da imaxe en sinal de agradecemento pola colleita.

Comunicacións[editar | editar a fonte]

A estrada EP-8403 atravesa A Casiña de norte a sur: cara ao norte vaise ó lugar do Piñeiro (a 1 km) e finaliza na N-640 preto do lugar da Casa da Cruz (a 2 km); cara ó sur vaise en dirección a Cuntis pasando preto dos lugares de Piso e A Anllada, e Furco (a 2 km está o cruzamento), finalizando na paraxe do Candán (a 3 km), preto do lugar do Porto de Gómez, xa na parroquia de Santa María de Cuntis.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Arcos[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Arcos no concello de Cuntis (Pontevedra)

A Anllada | Arcos | O Caeiro | A Casa da Cruz | A Casiña | Cornado | Ducío | Ferreiros | Furco | A Gándara | Piñeiro | Piso

Parroquias de Cuntis[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cuntis

Arcos (San Breixo) | Cequeril (Santa María) | Couselo (San Miguel) | Cuntis (Santa María) | Estacas (San Fiz) | Piñeiro (San Mamede) | Portela (Santa Eulalia) | Troáns (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]