3 Doors Down
| 3 Doors Down | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Escatawpa, Mississippi, |
| Período | 1996 - actualidade |
| Xénero(s) | hard rock, rock alternativo, southern rock, post-grunge |
| Selo(s) discográfico(s) | Universal Republic |
| Membros | Brad Arnold Matt Roberts Todd Harrell Chris Henderson Greg Upchurch |
| Antigos membros | Richard Liles Daniel Adair |
| Web oficial | http://www.3doorsdown.com/ |
3 Doors Down é unha banda de hard rock estadounidense procedente de Escatawpa, Mississippi, formada en 1996. A banda está composta por Brad Arnold (voces), Matt Roberts (guitarra/voces), Todd Harrell (baixo), Chris Henderson (guitarra) e Greg Upchurch (batería/percusión).
A banda fíxose coñecida co seu primeiro sinxelo, "Kryptonite", que foi top 3 na lista Billboard Hot 100. O grupo entón asinou un contrato con Republic Records e editou o seu álbum de estrea, The Better Life, no ano 2000. O disco foi o 11 máis vendido do ano e foi certificado 6 veces platino nos Estados Unidos. O seu segundo traballo, Away from the Sun (2002), continuou co éxito da banda; estreouse no número 8 da iBillboard 200 e foi multi-platino nos Estados Unidos como o seu predecesor. A este lanzamento seguiulle unha extensiva xira de dous anos antes de editar o terceiro álbum, Seventeen Days, no 2005. Este estreouse no número 1 da Billboard 200. O cuarto traballo, 3 Doors Down, tamén se estreou no número 1 Billboard 200.
A banda adoita a dar máis de 300 concertos por ano e ten actuado con outros artistas como Lynyrd Skynyrd, Megadeth, Staind, Nickelback, Alter Bridge, Breaking Benjamin, Seether, Shinedown, Hinder ou Daughtry. Dende o comezo da súa carreira, 3 Doors Down leva vendidos ao redor de 16 millóns de álbums en todo o mundo.
[editar] Discografía
- The Better Life - 2000
- Away from the Sun - 2002
- Seventeen Days - 2005
- 3 Doors Down - 2008
- Time of My Life - 2011
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Páxina oficial (en inglés)