Nickelback

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
OrixeHanna, Alberta, Canadá
Período1995 - presente
Xénero(s)Hard rock[1]
Heavy metal[2]
Metal alternativo[2]
Pop rock[1][2]
Post-grunge[1][2]
Rock country[1]
Selo(s) discográfico(s)Warner Music Group, Roadrunner Records
MembrosChad Kroeger
Mike Kroeger
Ryan Peake
Daniel Adair
Na rede
www.nickelback.com
IMDB: nm1327727 Facebook: Nickelback Twitter: Nickelback Instagram: nickelback VK: nickelbackclub MySpace: nickelback Youtube: UCx5IEfAbL5pqw3fgKgRi6DQ TikTok: nickelback Bandcamp: nickelbackofficialSouncloud: nickelback Spotify: 6deZN1bslXzeGvOLaLMOIF iTunes: 5280361 Last fm: Nickelback Musicbrainz: bc710bcf-8815-42cf-bad2-3f1d12246aeb Songkick: 407601 Discogs: 108713 Allmusic: mn0000868616 Deezer: 338 Genius: Nickelback Editar o valor em Wikidata

Nickelback é un grupo de rock alternativo canadense procedente de Hanna formado en 1995.

Historia[editar | editar a fonte]

O inicio[editar | editar a fonte]

A banda vén do Canadá, dunha cidade chamada Hanna, Alberta (no oeste canadense). Foi formada na década dos 90 e iniciou a carreira en Vancouver. O grupo foi formado en 1996 cando o vocalista Chad Kroeger reuniu a seu irmán Mike Kroeger, e outro antigo amigo Ryan Peake para formaren unha banda; o cargo de batería inicialmente foi ocupado por Brandon Kroeger, curmán de Chad e Mike que máis tarde sería substituído por Ryan Vikedal. O batería Brandon Kroeger gravou apenas o primeiro álbum Curb e foi substituído por Mitch Guindon por un curto período de tempo até a entrada de Ryan "Nik" Vikedal. O disco The State de 1999 foi lanzado nos EUA en marzo de 2000, obtendo grande éxito nas radios cos singles "Breathe", "Leader of Men" e "Old Enough”.

Un feito curioso é que o álbum The State foi lanzado primeiro independente cunha cuberta, despois pola EMI, a gravadora de Nickelback no Canadá, con outra cuberta un pouco diferente, e reeditado pola Roadrunner nos EUA con outra capa, existindo un mesmo disco no mercado con tres cubertas diferentes.

Éxito comercial[editar | editar a fonte]

Silver Side Up (2001-2003)[editar | editar a fonte]

A banda tornouse coñecida co tema "Leader of Men", mais foi co seu single "How You Remind Me" co que a banda deu o seu boom no mundo da música. Este tema, cuxa reprodución nas radios é intensa, deu a coñecer en 2001 o álbum Silver Side Up. Silver Side Up é un álbum constituído por unhas cancións de rock cunha tonalidade que por veces se torna un pouco máis heavy. Cancións de éxito como "How You Remind Me", a "Too Bad" e "Never Again". Nickelback ten varias influencias como por exemplo os Lifehouse, Staind e 3 Doors Down.

O álbum Silver Side Up, de 2001, foi producido polo veterano Rick Parashar, que xa traballara con Pearl Jam, e mesturado por Randy Staub (Metallica, U2). Foi gravado en setembro, en cinco semanas en Vancouver na Greenhouse Studios, (onde foi gravado tamén The State), tendo a participación da guitarra slide de Ian Thornley da banda Big Wreck.

"How You Remind Me" foi o primeiro single do álbum, que fixo que Nickelback escalase os postos de discos máis vendidos, esta música foi escrita en 15 minutos, nos ensaios antes de entrar a banda no estudio, sendo seleccionada para catro premios Grammy e para catro premios Billboard. Esta música foi a máis tocada en 2002 nos EUA, de acordo coa Billboard, dando o título a Nickelback de artistas de rock máis tocados nos EUA en 2002 en todos os formatos de radio.

O grande éxito de Silver Side Up fixo que Nickelback recibise disco de platino en Alemaña e nos Países Baixos, na Australia recibiu o platino duplo, no Reino Unido o platino triplo, nos Estados Unidos recibiu o disco de platino quíntuplo, na súa terra natal, Canadá recibiu oito veces o disco de platino e mais dez discos de platino ao redor do mundo.

The Long Road (2003-2005)[editar | editar a fonte]

The Long Road foi gravado parte na Greenhouse Studios e parte no estudio da casa de Chad, tamén en Vancouver e é o traballo máis honesto, agresivo e emocional deles. Segundo Chad Kroeger: “Os fans do verdadeiro rock and roll van ter unha sorpresa, o álbum está menos en relación a min e a cousas que pasei, é sobre experiencias que cada un de nós podemos pasar e o que podemos aprender con iso, é o primeiro álbum sen ningunha influencia de fóra, traballamos xuntos para gravar un disco que realmente queríamos gravar, sen ningunha inhibición, non podería ser doutro xeito”.

A banda ten unha longa e impresionante historia de´éxito construída tanto na estrada como nos grandes singles que lanzaron e que alcanzaron posicións incríbeis nos airplays das radios a nivel mundial. Con Silver Side Up, o seu terceiro álbum, a banda alcanzou vendas superiores a nove millóns de discos, despois, outro álbum exitoso foi o The Long Road de 2003, tamén con máis de 9 millóns de copias, co suceso "Someday".

All the Right Reasons (2005-2008)[editar | editar a fonte]

Lanzado en 2005, o álbum All the Right Reasons tivo unha inesperada repercursión por todo o mundo concluíndo en máis de seis singles como "Photograph", "Far Away", "Savin' Me", "Rockstar", "Animals" entre outras, segundo fontes da Billboard a banda é a única da historia en permanecer máis de 102 semanas entre o Top 10 mundial, e tendo o álbum de rock máis vendido dese século, e recibindo o título de Álbum da Década con vendas superiores a 600.000 só no Canadá, máis de 7 millóns nos Estados Unidos de América, e diversos platinos e multi-platinos superando a incríbel marca de 15 millóns de álbums vendidos.

2008 - presente[editar | editar a fonte]

O 18 de novembro de 2008 lanzaron o seu novo álbum chamado Dark Horse, e foi producido por Robert "Mutt" Lange.

O 27 de setembro de 2011 lanzaron á venda en iTunes os dous primeiros singles de Here and Now chamados "When we stand together" e "Bottoms up", saíndo á vendo o álbum o 21 de novembro de 2011.

Integrantes[editar | editar a fonte]

Formación actual[editar | editar a fonte]

Ex-membros[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbums recompilatorios
  • 2002 - Three-Sided Coin
  • 2013 - The Best Of Nickelback - Volume 1

EPs[editar | editar a fonte]

Bandas sonoras[editar | editar a fonte]

Singles[editar | editar a fonte]

Ano Título Posicións Álbum
U.S. Hot 100 U.S. Mainstream Rock U.S. Modern Rock UK Singles Chart ARIA Charts Canadá Nova Zelândia United World Chart
1996 "Fly" - - - - - - - - Curb
2000 "Leader of Men" - 8 21 - - - - - The State
2000 "Old Enough" - 24 - - - - - - The State
2000 "Breathe" - 10 21 - - - - - The State
2000 "Worthy to Say" - - - - - - - - The State
2001 "How You Remind Me" 1 1 1 4 2 1 4 3 Silver Side Up
2002 "Too Bad" 42 1 6 9 56 1 - - Silver Side Up
2002 "Never Again" - 1 24 30 - 1 - - Silver Side Up
2003 "Someday" 7 2 4 6 4 1 9 5 The Long Road
2004 "Figured You Out" 65 1 4 - 10 1 - - The Long Road
2004 "Feelin' Way Too Damn Good" 48 3 23 39 40 2 - - The Long Road
2004 "Because of You" - 7 - - - 3 - - The Long Road
2004 "See You at the Show" - - - - - - - - The Long Road
2005 "Photograph" 2 1 3 29 3 1 4 6 All the Right Reasons
2006 "Animals" 97 1 16 - 27 - - - All the Right Reasons
2006 "Far Away" 8 - - 40 2 1 1 16 All the Right Reasons
2006 "Savin' Me" 19 11 29 77 18 1 2 20 All the Right Reasons
2006 "Rockstar" 6 4 37 64 - 13 - 15 All the Right Reasons
2006 "If Everyone Cared" 17 37 - - 32 2 - 17 All the Right Reasons
2007 "Side of a Bullet" - 7 - - - - - - All the Right Reasons
2008 "Gotta Be Somebody" Dark Horse
"Something in Your Mouth"
"If Today Was Your Last Day"
2009 "Burn It to the Ground"
"I'd Come for You"
"Never Gonna Be Alone"
"Shakin' Hands"
2010 "This Afternoon"
2011 "When We Stand Together" Here and Now
"Bottoms Up"
2012 "This Means War"
"Lullaby"
"Trying Not to Love You"
2014 "Edge of a Revolution" No Fixed Address
"What Are You Waiting For?"
"Million Miles an Hour"
2015 "She Keeps Me Up"
"Satellite"
"Get 'Em Up"
2016 "Dirty Laundry"
2017 "Feed the Machine" Feed the Machine
"Song on Fire"
"Must Be Nice"
2020 "The Devil Went Down to Georgia"

Hits de éxito[editar | editar a fonte]

As músicas conseguiron o alto das listas dos EEUU e Canadá.

Ano Single Mellores Posicións
Hot 100 Main Rock Modern Rock Canadá
2001 "How You Remind Me" 1 1 1 1
2002 "Too Bad" 42 1 6 1
"Never Again" - 1 24 1
2003 "Someday" 7 2 4 1
2004 "Figured You Out" 65 1 4 1
2005 "Photograph" 2 1 3 1
2006 "Animals" 97 1 16 -
"Far Away" 8 - - 1
"Savin' Me" 19 11 29 1
2007 "Rockstar" 6 - - -
Totais de Hits "Numero Un" 1 6 1 8

Bootlegs[editar | editar a fonte]

  • 2001 - Almost Acoustic Christmas
  • 2002 - Somewhere Close to Hollywood
  • 2002 - High Voltage Live Radio Show
  • 2003 - For Tribe Generation EP
  • 2003 - Live in Toronto, Canada
  • 2005 - Live in Maplewood, Minnesota

DVDs[editar | editar a fonte]

  • 2002 - Live At Home ( 29 de outubro de 2002)
  • 2003 - The Videos (23 de setembro de 2003)
  • 2004 - Road to Success
  • 2005 - Photo Album (4 de outubro de 2005)
  • 2006 - Pictures (12 de setembro de 2006)
  • 2007 - All the Right Reasons (10 de xullo de 2007)
  • 2008 - Live at Sturgis 2006[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Nickelback - Rate Your Music
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Andrew Leahey. "Nickelback | Biography". Allmusic (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2015. 
  3. allmusic.com (ed.). "Live at Sturgis" (en inglés). Consultado o 28 de xullo de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]