Óscar Catacora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Óscar Quispe Catacora»)
Infotaula de personaÓscar Catacora

(2018) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Óscar Quispe Catacora Editar o valor em Wikidata
18 de agosto de 1987 Editar o valor em Wikidata
Ácora, Perú (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte26 de novembro de 2021 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Conduriri, Perú (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Apendicite Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadePerú Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional do Altiplano de Puno Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , actor , director de fotografía , produtor de cinema , guionista de cinema , guionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e Lingua aimará Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParentesTito Catacora (en) Traducir (tío) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm9763364 Editar o valor em Wikidata

Óscar Quispe Catacora, nado en Ácora o 18 de agosto de 1987, e finado en Conduriri o 26 de novembro de 2021,[1] foi un director de cinema e guionista peruano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado o 18 de agosto de 1987 na comunidade labrega de Huaychani, na localidade de Ácora na rexión Puno.[2][3] En 2007, dirixiu e actuou na mediometraxe El sendero del chulo. Dous anos despois ingresou na Escola Profesional de Arte da Universidade Nacional del Altiplano (UNA) para especializarse en Teatro, mais finalmente abandonou a carreira para alistarse no exército peruano.[4]

En 2011, comezou estudos de Ciencias da Comunicación Social na UNA co obxectivo de especializarse en produción audiovisual. Dous anos máis tarde, en 2013, escribiu e dirixiu La venganza del Súper Cholo (2013).[4] Ese mesmo ano, Catacora gañou unha subvención de catrocentos mil soles outorgados polo Ministerio de Cultura do Perú no Concurso Nacional de Cinematografía para poder realizar o seu proxecto Wiñaypacha.[4] O filme, que é a primeira longametraxe peruana rodada integramente en lingua aimará,[5] foi a súa ópera prima e foi presentada polo Perú como candidata nacional aos premios Óscar na categoría do Óscar ó mellor filme internacional, aspirando tamén como candidata a mellor filme iberoamericano na 33ª edición dos premios Goya en España.[6][7] Foi gañadora do premio a mellor longametraxe peruana de 2018 outorgado pola Asociación Peruana de Prensa Cinematográfica (APRECI).[8]

En 2018, volveu obter fondos do Ministerio de Cultura para realizar a súa segunda longametraxe, un filme histórico sobre a rebelión indíxena que se produciu no sur do Perú en 1780 e cuxa presentación estaba prevista coa celebración del bicentenario do país.[9]

Pasamento[editar | editar a fonte]

O 26 de novembro de 2021, a produtora Cine Aymara anunciou o pasamento de Catacora durante a gravación do filme Yana-wara nas partes altas do distrito de Conduriri, na provincia de El Collao por mor dunha apendicite.[1][2][3]

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • El sendero del chulo (2007, 45 minutos, ficción), director e actor[10]
  • La venganza del Súper Cholo (2013, 72 minutos, ficción), guionista[11]
  • Aventura sangrienta (2017, 88 minutos, ficción), director de fotografía[12]
  • Wiñaypacha (2017, 88 minutos, ficción), director, guionista e director de fotografía[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Claudia Beltrán (27 de novembro de 2021). "Falleció Oscar Catacora, cineasta puneño que dirigió la película Wiñaypacha". La República Perú. Consultado o 27 de novembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "Óscar Catacora, director de la película Wiñaypacha, falleció a los 34 años". larepublica.pe (en castelán). 27 de novembro de 2021. Consultado o 27 de novembro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "[Entrevista] In Memoriam: Óscar Catacora antes de "Wiñaypacha"". Cinencuentro (en castelán). 28 de novembro de 2021. Consultado o 28 de novembro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Óscar Catacora". sensacine.com.mx. Consultado o 15 de febreiro de 2021. 
  5. Jacqueline Fowks (21 de xullo de 2017). "Perú estrena su primera película en lengua aymara". elpais.com. Lima. Consultado o 15 de febreiro de 2021. 
  6. Lucía Blasco (7 de novembro de 2018). ""Wiñaypacha" de Óscar Catacora: la conmovedora película peruana protagonizada por una anciana que nunca había visto un filme". bbc.com. Consultado o 15 de febreiro de 2021. 
  7. "Wiñaypacha". premiosgoya.com. Consultado o 14 de febreiro de 2021. 
  8. "El cine habla aimara". elperuano.pe. 4 de febreiro de 2019. Consultado o 27 de novembro de 2021. 
  9. Liliana Caysahuana (6 de febreiro de 2019). "Óscar Catacora: “Aposté por un cine comprometido con la sociedad”". diariocorreo.pe. Consultado o 15 de febreiro de 2021. 
  10. "El sendero del chulo (2007) - Película peruana | Cineaparte". cineaparte.com (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2021. 
  11. "La venganza del super cholo". filmaffinity.com. Consultado o 27 de novembro de 2021. 
  12. "Aventura sangrienta (2017) - Película peruana | Cineaparte". cineaparte.com (en castelán). Consultado o 2021-11-27. 
  13. ""Wiñaypacha": el conmovedor filme peruano protagonizado por una anciana que nunca había visto una película". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]