Ángeles Madriñán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1971 (52/53 anos) Sello, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
María de los Ángeles Madriñán González, nada en Sello (Lalín) en 1971, é unha poeta e escritora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Vive e traballa na Estrada. Foi accesit no I Certame de Relato Curto "Agustín Fernández Paz" da Facultade de Ciencias da Educación da Coruña, finalista do VI Certame de Relato Curto da Fanpa (Federación de Asociacións de Nais e Pais) de Pontevedra e no Certame de Microrelatos "Que chovan as palabras" de Tórculo Comunicación. En 2018 obtivo o segundo premio do VII Certame de Poesía López Ardeiro do concello de Negreira pola obra De animais e outros deuses.[1]
Obras[editar | editar a fonte]
- De animais e outros deuses, 2019.