Álvaro Puentes Antón
Biografía | |
---|---|
Morte | 27 de setembro de 1940 San Pedro de Eume, España |
Alcalde de Cabanas | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Álvaro Puentes Antón, finado en San Pedro de Eume o 27 de setembro de 1940, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Militante de Unión Republicana. Foi nomeado alcalde de Cabanas en febreiro de 1936 pola Fronte Popular. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou fuxir e agocharse nun refuxio no Couce, nas fragas do Eume. Foi asasinado polas costas, por un infiltrado da Garda Civil no seu agocho no Couce xunto co seu compañeiro Eduardo Prieto Alvariño. Coa restauración da democracia, a Corporación municipal de Cabanas rendeulle unha homenaxe colocando unha placa co seu nome na escola das Viñas, que despois desapareceu.
Predecesor: ? |
Alcalde de Cabanas 1936 |
Sucesor: ? |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Vázquez Arias, Juan Carlos (2017). "Fuxidos de Soaserra y Regoela (Cabanas)" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (24): 7–47. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de setembro de 2019. Consultado o 16 de xaneiro de 2018. Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine.