Álvaro Arnedo
Álvaro Arnedo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Álvaro Arnedo González | ||
Nacemento | 9 de xuño de 1996 | ||
Lugar de nacemento | Logroño | ||
Altura | 1,78 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Rayo Majadahonda | ||
Número | 6 | ||
Carreira xuvenil | |||
Comillas | |||
UD Logroñés | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2015–2016 | UD Logroñés B | 23 | (4) |
2015–2021 | UD Logroñés | 34 | (1) |
2016–2017 | → Varea | 28 | (1) |
2021 | Portugalete | 14 | (1) |
2021–2022 | SD Logroñés | 32 | (0) |
2022–2023 | Linares Deportivo | 19 | (1) |
2023– | Rayo Majadahonda | 4 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 11 de outubro de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Álvaro Arnedo González, nado en Logroño o 9 de xuño de 1996, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Rayo Majadahonda, da Primeira División RFEF.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formado nas canteiras do Comillas e da UD Logroñés, debutou co filial deste último na tempada 2015/16. Disputou o seu primeiro partido co primeiro da UD Logroñés o 3 de xaneiro de 2016, xogando os últimos 11 minutos dunha vitoria por 0-2 ante o Lealtad na Segunda División B.[1] Para a tempada 2016/17 foi cedido ao CD Varea, da Tercera División.
De regreso en Logroño pasou a ser membro do primeiro equipo e converteuse nun habitual dos onces titulares do adestrador Sergio Rodríguez. En marzo de 2018 sufriu unha grave lesión de xeonllo nun partido ante o Arenas Club de Getxo,[2] que o obrigou a tres cirurxías e a afastarse dos terreos de xogo durante dous anos e medio, ata setembro de 2020.[3]
Durante a súa ausencia o equipo rioxano ascendeu á Segunda División, categoría na que Arnedo debutou o 29 de novembro de 2020, ante o Mallorca.[4] Con todo, só xogou dous partidos máis co equipo e o 1 de febreiro do ano seguinte rescindiu o seu contrato para fichar polo Portugalete, de Segunda B.[5]
Para a tempada 2021/22 regresou á súa cidade natal, fichando pola SD Logroñés, da Primeira División RFEF, categoría na que militou tamén durante as seguintes tempadas vestindo as camisetas de Linares e Rayo Majadahonda.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Del debut ante el Lealtad a la titularidad en Lezama" (en castelán). 9 de setembro de 2020. Consultado o 11 de outubro de 2023.
- ↑ Martínez Glera, José (9 de abril 2020). "Dos años de pasión y sufrimiento" (en castelán). Consultado o 11 de outubro de 2023.
- ↑ Martín, Manuel (6 de setembro de 2020). "Arnedo vuelve a sonreír 992 días después: “He llorado porque veía que quería y no podía”" (en castelán). Consultado o 11 de outubro de 2023.
- ↑ "Al Mallorca se le puso todo de cara y el líder acabó goleando". Marca (en castelán). 29 de novembro de 2020. Consultado o 11 de outubro de 2023.
- ↑ "Álvaro Arnedo, baja del mercado invernal blanquirrojo" (en castelán). 2 de xaneiro de 2021. Consultado o 11 de outubro de 2023.
- ↑ Ramos, Manu (5 de xullo de 2023). "El mediocentro Alvaro Arnedo ficha por el Rayo Majadahonda y deja a la afición del Linares entre lágrimas y pesadumbres" (en castelán). Consultado o 12 de outubro de 2023.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).