Ōban
O ōban (大判) era unha moeda xaponesa de ouro con forma de placa ovoide, aparecida na segunda metade do século XVI. Foi a moeda de maior valor facial do sistema monetario Tokugawa, e estivo en uso ata 1862.[1]
Historia[editar | editar a fonte]
Os primeiros ōban —coñecidos como Tenshō ōban (天正大判) por corresponderen á era Tenshō (1572-1592)—[2] foron cuñados pola familia Gotō baixo as ordes de Toyotomi Hideyoshi en 1588.[3]
Esta moeda tiña o peso e o valor de 10 ryō, o que a facía equivalente a 10 moedas-placa koban (小判), cun peso de 165 gramos. O seu tamaño era de arredor dos 17 centímetros pola súa parte máis longa.[1][2]
Dado o seu elevado valor, o ōban non debeu xogar papel ningún na circulación monetaria ordinaria, e o seu uso limitaríase ao ambiente dos señores feudais e da nobreza cortesá, a modo de peza de ostentanción, agasallo ou ofrenda.[2] É frecuente que apareza con inscricións en tinta chinesa relativas ao seu valor e coa sinatura do responsable da ceca, en tanto que con punzóns se gravaba a marca de ceca, a data e a lei da aliaxe, así como o emblema imperial.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ōban |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Alfaro Asins, C. et al. (2009). Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
- Friedberg, A. L.; Friedberg, I. S. (2009). Gold Coins of the World. From ancient times to the present. 8ª ed. The Coin and Currency Institute, Cliftyon (Nova Jersey). ISBN 9780671843081
- Whitney Hall, J. (1991). The Cambridge History of Japan: Early modern Japan. Vol. 4. Cambridge University Press. ISBN 0521223555