Éric Moussambani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÉric Moussambani
Biografía
Nacemento31 de maio de 1978 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Malabo, Guinea Ecuatorial Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGuinea Ecuatorial Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónnadador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaGuinea Ecuatorial Editar o valor em Wikidata
Deportenatación Editar o valor em Wikidata
Participou en
2000Xogos Olímpicos de 2000 Editar o valor em Wikidata

Éric Moussambani Malonga, nado o 31 de maio de 1978, é un nadador da Guinea Ecuatorial, que representou ó seu país nos Xogos Olímpicos de Sydney 2000.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gañou sona mundial nos Xogos Olímpicos de Sídney, celebrados no ano 2000, cando nadou a proba de 100 metros libres en 1 minuto 52,72 segundos, máis do dobre que os seus competidores máis rápidos e mesmo superior á plusmarca mundial de 200 metros.

Conseguiu participar nos Xogos Olímpicos sen alcanzar os tempos mínimos requiridos grazas a un sistema deseñado para permitir a participación de deportistas de países en vías de desenvolvemento. Nas eliminatorias competiu con outros dous nadadores, admitidos nos Xogos polo mesmo sistema, que foron descualificados por falsa saída, polo que nadou só.

Mentres que o gañador Pieter van den Hoogenband conseguiu a plusmarca mundial con 47,84 segundos, Moussambani empregou máis do dobre de tempo mentres era aclamado polo público asistente. Despois declararía: "Os últimos quince metros foron moi difíciles". Nos días e meses posteriores, converteuse nun heroe popular convidado a programas de televisión e outros eventos.

Antes de chegar ós Xogos Olímpicos, nunca vira unha piscina olímpica de 50 metros. Comezara a practicar natación só oito meses antes nunha piscina de 22 metros dun hotel, dada a falta de infraestruturas deportivas no seu país. Non puido participar nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004, a pesar de baixar a súa marca persoal por baixo dos 60 segundos, debido a un problema co visado.

Trala súa participación nos xogos olímpicos de Atenas 2004, instalouse en Santa Cruz de Mudela (Cidade Real) para impartir clases maxistrais de natación ós nenos da localidade. En marzo de 2012 foi nomeado adestrador do equipo nacional de natación da Guinea Ecuatorial.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eric Moussambani nuevo entrenador del equipo nacional de natación Arquivado 16 de novembro de 2020 en Wayback Machine., guineaecuatorialpress, 10 de marzo de 2012.