América precolombiana
América precolombiana,[1] era precolombiana e culturas precolombianas son termos que inclúen os períodos da historia e da prehistoria de América antes da aparición da influencia europea no continente, unha época que abrangue dende o poboamento orixinal no Paleolítico superior até a colonización europea durante a Idade Moderna.
Malia que o termo se refire literalmente ó tempo precedente á chegada de Cristovo Colón en 1492, na práctica emprégase a expresión para facer referencia á historia das culturas indíxenas de América até que estas culturas foron exterminadas, menosprezadas ou alteradas polos europeos, mesmo se isto ocorreu décadas ou séculos despois da primeira chegada de Colón. Por este motivo os termos América precontacto, América precolonial ou América prehistórica tamén teñen certo uso. En áreas de América Latina, o termo máis común é prehispánico.
Moitas civilizacións precolombianas conseguiron crear asentamentos permanentes e cidades, desenvolver a agricultura, xerar arquitectura cívica e monumental e desevolver unha complexa sociedade xerárquica. Algunhas destas civilizacións desapareceron durante a época das primeiras colonias europeas permanentes e da chegada dos africanos escravos (c. finais do século XVI e comezos do XVII),[2] e só se coñecen a través das investigacións arqueolóxicas e a historia oral. Outras civilización foron contemporáneas co período colonial e puideron ser descritas polos historiadores europeos da época. Unhas poucas, como a civilización maia, tiñan os seus propios rexistros escritos. Por mor de que moitos europeos critiáns da época viron eses textos como herexía, persoas como Diego de Landa destruríron moitos textos en fogueiras. Só algúns documentos ocultos sobreviviron nas súas linguas orixinais, mentres que outros foron transcritos ou ditados ó castelán, dando aos historiadores modernos visións da cultura e do coñecemento antigos.
As culturas indíxenas americanas continúan a evolucionar despois da era precolombiana. Moitos destes pobos e os seus descendentes continúan as prácticas tradicionais ó evolucionalas e adaptalas as novas prácticas e tecnoloxías culturais.
Xenética
[editar | editar a fonte]O haplogrupo máis comunmente asociado coa xenética indíxena americana é o haplogrupo Q-M3.[3] O cromosoma Y, como o ADN mitocondrial, difire doutros cromosomas nucleares en que a maioría do cromosoma Y é único e non se recombina durante a meiose. Isto ten o efecto de que os padróns históricos de mutacións poden ser estudados facilmente.[4] Este padrón sinala que os indíxenas americanos experimentaron dous episodios xenéticos significativos; o primeiro durante o poboamente orixinal de América, e o segundo durante a colonización europea de Américas.[5][6] O primeiro é o factor determinante para o número de liñaxes xenéticas e os haplotipos presentes nas poboacións indíxenas americanas.[6]
O asentamento humano no continente produciuse por etapas dende a costa do mar de Bering, cunha escala de hai 20 000 anos en Berinxia pola poboación fundadora.[7][8] A diversidade e distribución de microsatélites da liñaxe Y de América do Sur indica que certas poboacións amerindias quedaron illadas dende o comezo da colonización da rexión.[9] As poboacións na-dené, inuit e os indíxenas de Alasca presentan mutacións do haplogrupo Q-M242, porén son distintas doutros indíxenas americanos con varias mutacións de ADN mitocondrial.[10][11][12] Isto suxire que as primeiras migracións nos extremos de América do Norte e Groenlandia proveñen de poboacións posteriores.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para precolombiano.
- ↑ Tripline (ed.). "Early European Settlements in North America" (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2017.
- ↑ Bortolini, Maria-Catira; Salzano, Francisco M.; Thomas, Mark G.; et al. (setembro de 2003). "Y-Chromosome Evidence for Differing Ancient Demographic Histories in the Americas" (PDF). American Journal of Human Genetics 73 (3): 524–539. PMC 1180678. doi:10.1086/377588.
- ↑ Orgel, Leslie E. (2004). "Prebiotic chemistry and the origin of the RNA world" (PDF). Critical Reviews in Biochemistry and Molecular Biology 39 (2): 99–123. PMID 15217990. doi:10.1080/10409230490460765. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de novembro de 2018. Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ Wells, Spencer (2002). Random House, ed. The Journey of Man: A Genetic Odyssey. ISBN 0-8129-7146-9.
- ↑ 6,0 6,1 Tymchuk, Wendy (2008). Genebase Systems, ed. "Learn about Y-DNA Haplogroup Q-M242". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2010. Consultado o 21 de marzo de 2018.
- ↑ Viegas, Jennifer. Discovery News, ed. "First Americans Endured 20,000-Year Layover". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2012.
- ↑ Than, Ker (2008). National Geographic Society, ed. "New World Settlers Took 20,000-Year Pit Stop".
- ↑ Genebase Systems, ed. (2009). "Summary of knowledge on the subclades of Haplogroup Q". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2011. Consultado o 22 de novembro de 2009.
- ↑ Ruhlen, M. (novembro de 1998). "The origin of the Na-Dene". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 95 (23): 13994–13996. Bibcode:1998PNAS...9513994R. PMC 25007. PMID 9811914. doi:10.1073/pnas.95.23.13994.
- ↑ Zegura, Stephen L.; Karafet, Tatiana M.; Zhivotovsky, Lev A.; Hammer, Michael F. (xaneiro de 2004). "High-resolution SNPs and microsatellite haplotypes point to a single, recent entry of Native American Y chromosomes into the Americas". Molecular Biology and Evolution 21 (1): 164–175. PMID 14595095. doi:10.1093/molbev/msh009.
- ↑ Saillard, Juliette; Forster, Peter; Lynnerup, Niels; Bandelt, Hans-Jürgen; Nørby, Søren (setembro de 2000). "mtDNA Variation among Greenland Eskimos: The Edge of the Beringian Expansion". American Journal of Human Genetics 67 (3): 718–726. PMC 1287530. PMID 10924403. doi:10.1086/303038.
- ↑ Torroni, Antonio; Schurr, Theodore G.; Yang, Chi-Chuan; et al. (xaneiro de 1992). "Native American Mitochondrial DNA Analysis Indicates That the Amerind and the Nadene Populations Were Founded by Two Independent Migrations" (PDF). Genetics 130 (1): 153–162. PMC 1204788. PMID 1346260.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: América precolombiana |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Richard E. W. Adams (2000): Las antiguas civilizaciones del Nuevo Mundo, ed. Crítica Arqueología, Barcelona, ISBN 84-8432-105-3.