Ástor García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ástor García Suárez 1978 (45/46 anos) Oviedo, España |
Educación | Universidade de Oviedo |
Actividade | |
Ocupación | político, mestre |
Partido político | Partido Comunista de los Pueblos de España Partido Comunista de los Trabajadores de España |
Ástor García Suárez, nado en Oviedo en 1978,[1] é un profesor e político comunista español. É o actual secretario xeral do Partido Comunista dos Traballadores de España.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios e PCPE
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Dereito pola Universidade de Oviedo [2] e comezou a súa militancia comunista a principios dos anos 2000, participando nas protestas estudantís contra a LOU.[1] Nas eleccións municipais de 2007 formou parte das listas do Partido Comunista dos Pobos de España á alcaldía de Oviedo.[3] Pouco despois pasou a ser o responsable político do PCPE na Rioxa e membro do Comité Central, e nas eleccións xerais de 2008 foi como cabeza de lista ao Congreso pola provincia da Rioxa.[4] Foi tamén o cabeza de lista do PCPE nas eleccións autonómicas ao Parlamento da Rioxa de 2011[5] e 2015.[6]
Cisma no PCPE
[editar | editar a fonte]En 2017 produciuse unha división no seo do PCPE, que levou a que unha parte do partido elixise novo secretario xeral a Ástor García, en detrimento de Carmelo Suárez, secretario xeral dende 2002. García contou co apoio da práctica totalidade dos Colectivos da Mocidade Comunista e de parte das organizacións territoriais do partido, pero non co do Comité Central, que apoiou maioritariamente a Carmelo Suárez e denunciou a elección de García como un "acto fraccionario".[7] 220 militantes do PCPE e CJC asinaron un documento que apoiaba as decisións tomadas pola dirección liderada por García, subscribindo un acordo de cinco puntos en defensa do partido,[8] mentres que varias organizacións territoriais emitiron declaracións en defensa da nova dirección, incluíndo as de Euskal Herria,[9] de Asturias,[10] de Cantabria,[11] de Galicia,[12] de Madrid,[13] das Illas Baleares,[14] de Canarias,[15] de Castela e León[16] e parte de Cataluña.[17] A nivel internacional, o Partido Comunista de México,[18] o Partido Comunista de Grecia (KKE),[19] o Partido do Traballo de Austria[20] e o Partido Comunista de Italia[21] apoiaron a Ástor García como secretario xeral do PCPE. Tamén realizaron eventos conxuntos nos que participou o Partido Comunista de Turquía.[22] Mediante a convocatoria dunha Conferencia Central[23] decidiuse celebrar un XI Congreso Extraordinario[24] que se celebrou en novembro de 2017 baixo o lema "Por un país para a clase obreira, fortalezamos o PCPE".[25]
PCTE
[editar | editar a fonte]Finalmente, o 3 de marzo de 2019 resolveuse pola vía legal a duplicidade de siglas.[26] O sector encabezado por Ástor García adoptou un novo nome, o Partido Comunista dos Traballadores de España (PCTE), segundo o disposto no seu XI Congreso extraordinario.[27] É dende entón o seu secretario xeral.
A mediados de marzo de 2019, foi elixido polo Comité Central do PCTE, por unanimidade, como candidato presidencial para as eleccións xerais de abril dese ano[28] e encabezou a lista ao Congreso pola provincia de Madrid.[29]
Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2019, encabezou a lista do PCTE,[30] obtendo 19.081 votos (un 0,09%).[31]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Nuevo Secretario General del PCPE" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2019. Consultado o 10 de xuño de 2019.
- ↑ ""No aspiro a ser presidente del Gobierno de la Rioja"" (en castelán). 8 de maio de 2015. Consultado o 10 de xuño de 2019.
- ↑ "Eleccións municipais en Oviedo 2007" (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2019.
- ↑ "19M.- Astor García, de 29 años, y Juan Carlos Martínez, de 31, cabezas de lista del PCPE al Congreso y Senado" (en castelán). 20 de xaneiro de 2018. Consultado o 10 de xuño de 2019.
- ↑ "Entrevista a Ástor García, candidato del PCPE al Parlamento de La Rioja" (en castelán). Consultado o 10 de xuño de 2019.
- ↑ "Ástor García y Carlos Martínez, candidatos del PCPE de La Rioja a las elecciones del 24 de mayo" (en castelán). 28 de marzo de 2015. Consultado o 18 de xuño de 2019.
- ↑ "Nota informativa del Comité Central del PCPE" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2020. Consultado o 6 de xuño de 2019.
- ↑ "220 cuadros del Partido y la Juventud en defensa del Partido" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019.
- ↑ "El PCPE Euskal Herria en defensa del partido" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019.
- ↑ "El PCPE Asturies en defensa del partido" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019.
- ↑ "El PCPE Cantabria en defensa del partido" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019.
- ↑ "Comunistas da Galiza-PCPE en defensa del partido" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019.
- ↑ "El PCPE Madrid en defensa del partido" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019.
- ↑ "PCPE Balears en defensa del partido" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019.
- ↑ "El PCPE Canarias en defensa del partido" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019.
- ↑ "El PCPE Castilla y León en defensa del partido" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019.
- ↑ "Comunistes Catalans en defensa del partido" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019.
- ↑ "Entrevista a Pável Blanco, Primer Secretario del PC de México" (en castelán). 27 de abril de 2017. Consultado o 6 de xuño de 2019.
- ↑ "Posición del PC de Grecia sobre los acontecimientos en el PCPE" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019.
- ↑ "Comunicado del PT de Austria en relación a los acontecimientos en el PCPE" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019.
- ↑ "Reflexiones del Secretario General del Partido Comunista (Italia)" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019.
- ↑ "Acto internacional en Madrid: «Ni tierra, ni mar, ni aire para los imperialistas»" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019.
- ↑ "Convocada la Conferencia Central del PCPE" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019.
- ↑ "Hacia el XI Congreso (Extraordinario) del PCPE" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019.
- ↑ "Paso al frente del comunismo español en el año del centenario" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019.
- ↑ "Declaración de Secretario General del PCPE sobre las siglas del Partido y el fin de la usurpación de las mismas" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2020. Consultado o 6 de xuño de 2019.
- ↑ "Resolución del Comité Central" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019.
- ↑ "El PCTE elige a Ástor García como candidato a la presidencia en las Elecciones Generales" (en castelán). 18 de marzo de 2019. Consultado o 10 de xuño de 2019.
- ↑ "Candidaturas ás eleccións xerais 2019" (PDF). BOE (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2019.
- ↑ "Candidaturas no BOE" (PDF) (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2019.
- ↑ "Resultados eleccións europeas" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 7 de xuño de 2019.