Ángel Fraga Orosa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1898 ![]() Fabás, España ![]() |
Morte | 17 de decembro de 1936 ![]() Lugo, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Ángel Fraga Orosa, nado en Fabás (Goiriz, Vilalba) o 1 de febreiro de 1898[1] e finado en Lugo o 17 de decembro de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Obtivo o título de mestre superior en Santiago de Compostela en 1917. Ese mesmo ano obtivo o posto de mestre da escola da sociedade Liga Santaballesa.[2] Despois foi mestre de Chavín e dende 1930 de Viveiro. Afiliado á UGT, foi presidente da Asociación de Mestres Nacionais do partido xudicial de Viveiro en 1934. Foi redactor de Aurora e colaborou en Galicia Pintoresca, Vida Escolar e Faro Villalbés. Na Segunda República foi concelleiro de Viveiro. Militante de Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 28 de xullo. Xulgado en Lugo por rebelión militar o 1 de decembro, foi condenado a pena de morte. Foi executado en Lugo, ás 8 horas do 17 de decembro de 1936, nas tapias do cuartel da Garda civil de Lugo.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nuevo, Carlos (1977). "Antes e despois da guerra en Viveiro". O 36 na Galiza. Vigo: A Nosa Terra. pp. 31–35.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ángel Fraga Orosa na páxina web Nomes e Voces.
- Ficha en Represión franquista en Lugo