Ángel Campos Pámpano
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de maio de 1957 San Vicente de Alcántara, España (pt) |
Morte | 25 de novembro de 2008 (51 anos) Badaxoz, España |
Causa da morte | cancro de páncreas |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | tradutor, poeta |
Xénero artístico | Poesía |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Ángel Campos Pámpano, nado en San Vicente de Alcántara (provincia de Badaxoz) o 10 de maio de 1957 e finado en Badaxoz o 25 de novembro de 2008, foi un poeta e tradutor estremeño, gran defensor da cultura e a literatura de Portugal.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Filoloxía Hispánica na Universidade de Salamanca, foi profesor de ensino medio durante 20 anos en institutos de Estremadura e durante 6 anos no Instituto Español Giner dos Ríos en Lisboa, de onde regresou no ano 2008 para reincorporarse ao seu traballo en Estremadura. Impulsou as relacións culturais e poéticas entre as institucións e individuos da rexión fronteiriza de Estremadura e Portugal. Morreu o 25 de novembro de 2008 en Badaxoz tras sufrir unha operación de cancro de páncreas; tiña 51 anos. Acababa de saír na editorial Calambur a súa poesía completa: La vida de otro modo, ilustrada por Javier Fernández de Molina e prologada polo profesor Miguel Ángel Lama.
Obra
[editar | editar a fonte]Ademais das súas traducións e tarefas de axitación cultural o máis importante da súa creación poética é La ciudad blanca (1988), libro pioneiro, de poesía meditativa, impresionista e de forte impacto do coñecemento e gozo de Portugal, da súa lingua, da súa cultura e da súa literatura, especialmente a poesía, mais non só. Seguiron Siquiera este refugio (1993), La voz en espiral (1998) e La semilla en la nieve (2004), libro polo que recibiu o premio Estremadura á Creación.
Traduciu ao castelán obras de autores da literatura portuguesa do século XX, coma Fernando Pessoa, Carlos de Oliveira, António Ramos Rosa, Eugénio de Andrade e Sophia de Mello Breyner, entre outros. A súa antoloxía de Pessoa Un corazón de nadie, publicada en Galaxia Guttenberg/Círculo de Lectores, proxectouno aos círculos intelectuais nacionais e internacionais.
Fundou (xunto a Diego Doncel e Álvaro Valverde) e dirixiu a revista Espacio/Espaço escrito, así como Hablar/Falar de Poesía, que pretenderon servir coma vencello de unión entre as culturas e literaturas española (e estremeña) e portuguesa.
Ángel Campos presidiu a Asociación de Escritores Estremeños. En 1992, fundou a aula de Poesía Enrique Díez-Canedo de Badaxoz de devandita asociación, aula pola que pasaron máis de cento quince autores por institucións culturais e institutos de ensino de toda a rexión.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio de tradución Giovanni Pontiero pola súa tradución de Sophia de Mello Breyner Andresen.
- Premio Estremadura á Creación 2005 polo seu libro La semilla en la nieve.
- Premio Eduardo Lourenço de Garda (Portugal) (íao recibir o 27 de novembro de 2008, pero morreu o 25 de novembro, dous días antes).
Publicacións
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Materia del olvido (1986)
- La ciudad blanca (1988).
- Caligrafías (1989; co pintor Javier Fernández de Molina)
- Siquiera este refugio (1993)
- Como el color azul de las vocales (1993)
- De Ángela (1994)
- La voz en espiral (1998)
- El cielo casi (1999)
- El cielo sobre Berlín (1999; co pintor Luis Costillo)
- Jola (2004; bilingüe, con fotografías de Antonio Covarsí)
- La semilla en la nieve (2004)
- La vida de otro modo (2008; obra completa)
- Cercano a lo que importa. Antología poética (2012)
Tradución
[editar | editar a fonte]- Fernando Pessoa, Odas/Odes de Ricardo Reis (1980)
- António Ramos Rosa, Ciclo del caballo (1985)
- Mário Neves, La Matanza de Badajoz (1986)
- Carlos de Oliveira, Micropaisaje (1987)
- Fernando Pessoa, El marinero; En la floresta del enajenamiento (1988)
- Eugénio de Andrade, El otro nombre de la tierra (1989)
- António Ramos Rosa, Tres lecciones materiales (1990)
- Adolfo A. Ruy de Moura Belo, País posible (1991)
- Al Berto, Una existencia de papel (1992)
- José Saramago, El año de 1993 (1996)
- Mário de Sá-Carneiro, La confesión de Lucio (1996)
- Fernando Pessoa, Odas de Ricardo Reis (1998)
- Fernando Pessoa, Poesías completas de Alberto Caeiro (1997)
- Fernando Pessoa, Odas de Ricardo Reis (1999)
- Eugénio de Andrade, La sal de la lengua (1999)
- Fernando Pessoa, Un corazón de nadie. Antología poética (1913-1935) (2001 e 2004)
- Eugénio de Andrade, Todo el oro del día (2004)
- Eugénio de Andrade, Materia solar y otros libros: obra selecta (1980-2002) (2004)
- Sophia de Mello Breyner Andresen, Nocturno mediodía: antología poética (1944-2001) (2004)
Antoloxías
[editar | editar a fonte]- Con Álvaro Valverde Abierto al aire. Antología de poetas extremeños (1971-1984) (1985)
- Los nombres del mar. Poesía portuguesa 1974-1984 (1985)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- La semilla en la nieve - A semente na neve (2018), tradución para o portugués por Luís Leal, Xunta de Extremadura, ISBN: 978-84-9852-563-2
- En el vuelo de la memoria, Antología para Ángel Campos Pámpano (2018), coordinada por Suso Díaz, Editora Regional de Extremadura ISBN: 978-84-9852-559-5