Xenofobia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marcha contra a xenofobia en Xohanesburgo.

A xenofobia (do grego xeno, "estranxeiro", e fobia, "temor") é o rexeitamento ao estranxeiro, con manifestacións que van desde o rexeitamento máis ou menos manifesto, o desprezo e as ameazas, até as agresións e asasinatos.

Características[editar | editar a fonte]

Unha das formas máis comúns de xenofobia é a que se exerce en función da raza, isto é, o racismo. A «Convención Internacional sobre a Eliminación de todas as Formas de Discriminación Racial» aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 21 de decembro de 1965) define a discriminación racial ou xenofobia como:

Toda distinción, exclusión, restrición ou preferencia baseada en motivos de raza, cor, liñaxe ou orixe nacional ou étnica que teña por obxecto ou por resultado anular ou menoscabar o recoñecemento, goce ou exercicio, en condicións de igualdade, dos dereitos humanos e liberdades fundamentais nas esferas política, económica, social, cultural ou en calquera outra esfera da vida pública.
Artigo 1º de CERD

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]