Perla
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Unha perla é o produto dunha reacción de enquistamento dun corpo estraño no interior do corpo brando dun molusco, especialmente bivalvo. As perlas máis coñecidas son consideradas como xemas e pedras preciosas, pola súa simetría e o seu brillo particular. As perlas son producidas por unha gran maioría de ostras pertencentes á familia Pteriidae.
As perlas naturais fórmanse cando un corpo estraño penetra no corpo do molusco, que reacciona lentamente cubrindo a partícula cunha mestura de cristais de carbonato de calcio (CaCO3) e unha proteína chamada conchiolina, formando a substancia coñecida como nácara, que é a substancia que reviste a cavidade do manto do animal (as paredes internas das cunchas). Tras un período variable, a partículas rematan cubertas por unha ou máis capas de nácara, formando unha perla, á que lle leva preto de 10 anos crearse.
As perlas son de cor, tamaño e forma variables. O valor da perla determínase por varios criterios, pero pódense resumir en tres: unha forma desexable (por exemplo, as esferas perfectas ou as "bágoas"), a rareza da súa cor (case toda a gama entre branco e negro) e, por suposto, o tamaño. Aínda que a estética e o tamaño son fundamentais na avaliación dunha perla, o prezo final depende en gran medida das tendencias da moda do momento.
O brillo das perlas débese á reflexión luminosa na superficie cristalina, mentres que a iridescencia vén da refracción e difracción da luz nas múltiples capas de nácar translúcido que forman a perla.
As perlas teñen sido apreciadas por bastantes culturas dende a antigüidade por mor da súa rareza, beleza e extraordinario valor. Actualmente as perlas non teñen tanto valor monetario como en épocas pasadas, principalmente debido a que a maioría delas son cultivadas, o que as desvaloriza polo aumento na oferta.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Perla |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tipos de perlas (en castelán)
- Perlas naturais e perlas cultivadas Arquivado 05 de setembro de 2010 en Wayback Machine. (en castelán)