Outremer
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/de/Reconstruction_of_the_temple_of_Jerusalem.jpg/400px-Reconstruction_of_the_temple_of_Jerusalem.jpg)
Outremer, en francés "ultramar", foi o nome xenérico dado aos Estados cruzados establecidos despois da Primeira Cruzada: o Condado de Edesa, o Principado de Antioquía, o Condado de Trípoli e, sobre todo, o Reino de Xerusalén. O nome usábase como equivalente a Terra Santa, Levante, Siria ou Palestina, e incluía territorios que na actualidade forman parte de Israel, Palestina, Xordania e Líbano.