Intensidade luminosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En fotometría, a intensidade luminosa defínese como a cantidade de fluxo luminoso que emite unha fonte por unidade de ángulo sólido. A súa unidade de medida no Sistema Internacional de Unidades é a candela (cd). Matematicamente, a súa expresión é a seguinte:

onde:

  • é a intensidade luminosa, medida en candelas.
  • é o fluxo luminoso, en lumens.
  • é o elemento diferencial de ángulo sólido, en estereorradiáns.

A intensidade luminosa pódese definir a partir da magnitude radiométrica da intensidade radiante sen máis que ponderando cada lonxitude de onda pola curva de sensibilidade do ollo. Así, se é a intensidade luminosa, representa a intensidade radiante espectral e simboliza a curva de sensibilidade do ollo, entón:

Intensidade luminosa e diferentes tipos de fontes[editar | editar a fonte]

En fotometría, denomínase fonte puntual aquela que emite a mesma intensidade luminosa en todas as direccións consideradas. Un exemplo práctico sería unha lámpada. Polo contrario, denomínase fonte ou superficie reflectora de Lambert aquela na que a intensidade varía co coseno do ángulo entre a dirección considerada e a normal á superficie (ou eixe de simetría da fonte).

Unidades[editar | editar a fonte]

Unha candela defínese como a intensidade luminosa dunha fonte de luz monocromática de 540 THz que ten unha intensidade radiante de 1/683 vatios por estereorradián, ou aproximadamente 1.464 mW/sr. A frecuencia de 540 THz corresponde a unha lonxitude de onda de 555 nm, que se corresponde coa luz verde pálida preto do límite de visión do ollo. Xa que hai aproximadamente 12.6 estereorradiáns nunha esfera, o fluxo radiante total sería de aproximadamente 18.40 mW, se a fonte emitise de forma uniforme en todas as súas direccións. Unha candea corrente produce con pouca precisión unha candela de intensidade luminosa.

Unidades de fotometría do SI
Magnitude Símbolo Unidade do SI Abrev. Notas
Enerxía luminosa Qv lumen segundo lm·s Ás veces úsase a denominación talbot, allea ao SI
Fluxo luminoso F lumen (= cd·sr) lm Medida da potencia luminosa percibida
Intensidade luminosa Iv candela (= lm/sr) cd Unha unidade básica do SI
Luminancia Lv candela por metro cadrado cd/m2 Ás veces úsase a denominación nit, allea ao SI
Iluminancia Ev lux (= lm/m2) lx Usado para medir a incidencia da luz sobre unha superficie
Emitancia luminosa Mv lux (= lm/m2) lx Usado para medir a luz emitida por unha superficie
Eficacia luminosa η lumen por vatio lm/W razón entre fluxo luminoso e fluxo radiante