Saltar ao contido

Garduña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gatela»)
Garduña
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Mustelidae
Subfamilia: Mustelinae
Xénero: Martes
Especie: M. foina
Nome binomial
Martes foina
Distribución Martes foina
Distribución Martes foina

Distribución Martes foina
Distribución no mundo
Distribución no mundo

Distribución no mundo
Esqueleto.

A garduña, fuíña, furatoxos[1], martaraña[2], martuxa[3], martuxo[4] rabisaco[5] ou gatela[6] (Martes foina) é un mamífero depredador nocturno de tamaño mediano da familia Mustelidae. En estado adulto, a garduña mide entre 40 e 50 cm de lonxitude sen contar coa cola, que mide entre 21 e 27 centímetros, e o seu peso oscila entre 1 e 2 kg. Moi semellante á marta, non en balde teñen antepasados comúns; distínguese desta polo seu babeiro de cor branca que se abre en pinza cara ás extremidades dianteiras. Ten un excelente oído e moi boa vista e olfacto.

(Vexa embaixo a área de distribución da Garduña en Galicia)

É estritamente nocturna e pódese ver por toda a Península Ibérica por fragas, toxeiras, pedregais ou zonas rurais e suburbanas. Vive en zonas moi asolladas, normalmente prados, zonas montañosas e rochosas con pouca vexetación. Adaptouse a lugares onde vive o home e caza en granxas, pero tamén se pode atopar en fragas e bosques de aciñeiras.

Comportamento e alimentación

[editar | editar a fonte]

Aliméntase de pequenos roedores, pequenos mamíferos, paxaros, anfibios, ovos, insectos, froita e mel. É un animal solitario. Desprázase rapidamente a saltos polo seu amplo territorio de caza que pode ser de 2 a 10 km e non dubida en defendelo doutros machos adultos. Adoita dispoñer de varios tobos entre penedos e caracochas de árbores vellas que ocupa indistintamente. Moi a miúdo vive soa na súa toqueira (un oco entre rochas, nunha árbore ou o ocupado anteriormente por outro animal), marca o seu territorio que, normalmente, é de 80 hectáreas. É basicamente nocturna e silenciosa.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

As garduñas alcanzan a madureza sexual entre os 18 meses e os 3 anos. A garduña ten dúas épocas de reprodución ao ano, a primeira durante o mes de febreiro e a outra entre xuño e agosto. Ao seren de costumes solitarios, machos e femias unicamente se xuntan para aparearse[7]. Os machos pelexan e berran, percorren longas distancias ata atoparen unha femia. Este período de saída dura uns 15 días. A femia reterá os espermatozoides vivos do macho no seu interior ata máis ou menos o mes de xaneiro debido á implantación diferida. A xestación dura uns 56 días. Cría a partir do mes de marzo en tobos ou debaixo das cavidades dos bloques de pedras. Pode ter de 3 a 7 crías. Aliméntanas grazas aos seus catro glándulas mamarias.

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Recoñécense as seguintes: subespecies:[8]

  • Martes foina foina
  • Martes foina bosniaca
  • Martes foina bunites
  • Martes foina kozlovi
  • Martes foina intermedia
  • Martes foina mediterranea
  • Martes foina milleri
  • Martes foina nehringi
  • Martes foina rosanowi
  • Martes foina syriaca
  • Martes foina toufoeus
  1. "Furatoxos". DIGALEGO. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2016. Consultado o 20 de abril do 2016. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para martaraña.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para martuxa.
  4. "Fauna, ADEGA" (PDF). 
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rabisaco.
  6. "Gatela". DIGALEGO. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2016. Consultado o 20 de abril do 2016. 
  7. Ángel Iglesias Izquierdo y Ángel Javier España Báez (2009). Rastros y Huellas de Carnívoros Ibéricos. Ediciones Jaguar. ISBN 978-84-96423-73-2. 
  8. "Mammal Species of the World": WILSON, Don E.; REEDER, Dee Ann M. (eds.): Arquivado 10 de outubro de 2012 en Wayback Machine. "Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference". 3ª ed. Johns Hopkins University Press. Baltimore. 2005. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]