Subidor común
Subidor común | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Certhia brachydactyla Brehm, 1820 | |||||||||||||||
Distribución aproximada
|
O subidor común,[2] comunmente agatuñador, gateador, rubideira ou subidor[3] (Certhia brachydactyla) é un paxaro da familia dos cértidos (Certhiidae). É unha ave sedentaria que vive no centro e sur de Europa e no norte de África.
Descrición
[editar | editar a fonte]Son de aspecto moi semellante ó seu parente próximo o gabeador norteño (Certhia familiaris), do que é moi difícil de diferenciar. Teñen unha lonxitude duns 12 cm e pesan uns 11 gramos. Teñen o bico afiado e curvado cara a abaixo. A plumaxe é branca pola parte inferior do corpo, da cor parda da casca das árbores por riba. Teñen unha lista ocular branca. O aspecto de machos e femias é semellante. A cola é relativamente longa e sérvelles de temón cando voan, ademais de axudarlles a manterse no aire.
Hábitat
[editar | editar a fonte]A diferenza do gabeador setentrional prefire os bosques de folla caduca, parques e xardíns con árbores froiteiras. A súa distribución xeográfica abrangue o sur e centro de Europa, Asia Menor e o norte de África.
Alimentación
[editar | editar a fonte]Agatuñan polos troncos de abaixo a arriba en bruscas espirais, procurando co bico insectos e arañas entre a casca das árbores.
Reprodución
[editar | editar a fonte]A madureza sexual chégalles ó ano de idade. O período de cría vai de marzo a xullo. O seu niño está feito de ramalliñas secas, musgo, pallas plumas e pelos de mamífero. Constrúenos en fendas das árbores, ou entre cachos separados da casca, algunhas veces en paredes ou pilas de madeira, e non son doados de atopar. A construción do niño e a incubación son tarefa exclusiva da femia, que pon de 5 a 7 ovos e pasa unhas dúas semanas chocándoos. Os polos están en condicións de empezaren a voar cando teñen catorce ou quince días. Adoitan facer dúas postas ó ano.
Nomes vulgares
[editar | editar a fonte]En galego na bibliografía especializada, antes da adopción das formas normativas polo DRAG, as voces que máis aparecían para esta especie eran agatuñador[4], gateador[4], rubideiro[4] e rubidor[5].
- Alemán: Gartenbaumläufer
- Catalán: Raspinell
- Danés: Korttået træløber
- Español: Agateador común.
- Francés: Grimpereau des jardins
- Inglés: Short-toed Treecreeper
- Neerlandés: Boomkruiper]
- Polaco: Pełzacz ogrodowy
- Sueco: Trädgårdsträdkrypare
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Certhia brachydactyla". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para subidor.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Dicionario normativo galego-castelán. Galaxia
- ↑ Dicionario do Cumio
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Vexa a entrada do Galizionario acerca de Subidor común |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fotos e informacións (Alemán)