Saltar ao contido

Subidor común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Subidor común
Certhia brachydactyla
Christian Ludwig Brehm 1820 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
C. brachydactyla Editar o valor en Wikidata
 Nome común
Gabeador común Editar o valor en Wikidata
Características
 Ciclo diurno
Conservación
Localización
 Área de distribución
Diagrama de tamaño
Clasificación taxonómica
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaCerthiidae
XéneroCerthia
EspecieC. brachydactyla
Datas
 Período de incubación
14 d Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Masa1,16 g peso de nacemento
8,4 g peso adulto Editar o valor en Wikidata
Tamaño da niñada5,9 Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/01x4mh Editar o valor en Wikidata
ITIS559138 Editar o valor en Wikidata
OTT1007172 Editar o valor en Wikidata
UICN22711249 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O subidor común,[1] comunmente gabeador, agatuñador, gateador, rubideira ou subidor[2] (Certhia brachydactyla) é un paxaro da familia dos cértidos (Certhiidae). É unha ave sedentaria que vive no centro e sur de Europa e no norte de África.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Son de aspecto moi semellante ó seu parente próximo o subidor do norte (Certhia familiaris), do que é moi difícil de diferenciar. Teñen unha lonxitude duns 12 cm e pesan uns 11 gramos. Teñen o bico afiado e curvado cara a abaixo. A plumaxe é branca pola parte inferior do corpo, da cor parda da casca das árbores por riba. Teñen unha lista ocular branca. O aspecto de machos e femias é semellante. A cola é relativamente longa e sérvelles de temón cando voan, ademais de axudarlles a manterse no aire.

A diferenza do subidor setentrional prefire os bosques de folla caduca, parques e xardíns con árbores froiteiras. A súa distribución xeográfica abrangue o sur e centro de Europa, Asia Menor e o norte de África.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Agatuñan polos troncos de abaixo a arriba en bruscas espirais, procurando co bico insectos e arañas entre a casca das árbores.

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Certhia brachydactyla

A madureza sexual chégalles ó ano de idade. O período de cría vai de marzo a xullo. O seu niño está feito de ramalliñas secas, musgo, pallas plumas e pelos de mamífero. Constrúenos en fendas das árbores, ou entre cachos separados da casca, algunhas veces en paredes ou pilas de madeira, e non son doados de atopar. A construción do niño e a incubación son tarefa exclusiva da femia, que pon de 5 a 7 ovos e pasa unhas dúas semanas chocándoos. Os polos están en condicións de empezaren a voar cando teñen catorce ou quince días. Adoitan facer dúas postas ó ano.

Nomes vulgares

[editar | editar a fonte]

En galego na bibliografía especializada, antes da adopción das formas normativas polo DRAG (subidor), as voces que máis aparecían para esta especie eran agatuñador[3], gateador[3], rubideiro[3] e rubidor[4].

  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para subidor.
  3. 1 2 3 Dicionario normativo galego-castelán. Galaxia
  4. Dicionario do Cumio

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]