Saltar ao contido

Diaconisa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Icona dunha diaconisa ortodoxa

O termo diaconisa, e tamén o de diácono, proceden do grego antigo διάκονον (diákonon), que significa 'servo'. Esta palabra grega, usada como servente ou axudante aparece frecuentemente no Novo Testamento da Biblia, ás veces aplicado por Cristo a si mesmo.

Na Igrexa cristiá dos primeiros séculos, a diaconisa era unha muller dedicada ao coidado dos enfermos e dos pobres, e tamén dalgúns oficios litúrxicos.

A primeira referencia escrita deste termo aparece na Epístola de San Paulo aos romanos:

...vos recomendo a Febe, a nosa irmá, diaconisa da Igrexa de Cencrea
Romanos: 16, 1.[1]

Ademais de San Paulo tamén mencionan este ministerio escritores cristiáns antigos, como Clemente de Alexandría [2] e Oríxenes.[3]

En tal contexto o termo quizais debe ser comprendido como situado no nivel inferior dos ministerios na cristiandade primitiva, como coidadoras de anciáns e doentes, e non como un diaconado eclesiástico feminino.

O termo continuou usándose no primeiro século. Pero os teólogos discuten se se trataba dun servizo ministerial ou ordenado .

De feito, o primeiro Concilio de Nicea (325) afirmou que as diaconisas non recibiran ordenación e, polo tanto, deberían considerarse parte do estado laical.

Pero existiron auténticas diaconisas desde os tempos de Cristo até o século XIII. Existiron diaconisas no Imperio Bizantino medieval, en Constantinopla e Xerusalén, aínda que non as houbo nas igrexas da Europa occidental.

O diaconado feminino na igrexa bizantina antiga e media estaba considerado como unha das maiores ordes do clero.[4]

Elizabeth Catherine Ferard, primeira diaconisa da Igrexa de Inglaterra

Aínda que hoxe a Igrexa Católica é propensa a pensar que se tratara dun ministerio, sen comportar o sacramento da orde. O papel das diaconisas, segundo os teólogos católicos, nacera para a asistencia aos pobres, aínda que tamén axudaban nalgúns ritos sacramentais.

En particular, no uso nas primeiras comunidades cristiás do bautismo por inmersión, considerábase máis oportuno que foran mulleres as que axudaran a inmersión das mulleres, pero non dos homes.

A Igrexa católica compara as diaconisas citadas nos textos bíblicos a "ministros extraordinarios para a comunión": fieis, homes ou mulleres, poden administrar a Eucaristía durante a misa ou aos enfermos na casa.

A principios do século XIX houbo un rexurdimento do ministerio nalgunhas igrexas protestantes de Europa e Norteamérica, de xeito que hoxe hai diaconisas en moitas denominacións cristiás. Recentemente, algunhas igrexas reformadas, como a anglicana ou a luterana recoñeceron tamén o sacerdocio feminino (algunhas, tamén o bispado) e non o simple diaconado.

Na Igrexa ortodoxa subsistiu até o segundo milenio o antigo rito da ordenación de diaconisas, o que evidencia que era consideradas verdadeiras ministras ordenadas nas ordes maiores, ao mesmo nivel que os diáconos. Nesta igrexa especificábase que podían acceder ao diaconoado só as monxas de polo menos 40 anos de idade.[5]

Na época contemporánea algúns bispos ortodoxos recomezaron, aínda que esporadicamente e non sen controversias, a ordenar diaconisas, cousa de todos os xeitos posíbel porque esta ordenación na Ortodoxia non foi nunca formalmente abolida. Célebre por isto foi San Nectario de Pentápolis (século XIX), que ordenou diaconisas a algunhas monxas do mosteiro fundado por el, e que o asistían diaconalmente na liturxia pontifical.

  1. Véxase artigo Febe
  2. Comentario a 1 Corintios 9: 5, Stromata 3,6, 53: 3-4.
  3. Comentario a Romanos 10:17; Jacques Paul Migne PG XIV col. 1278 A-C.
  4. Karras, Valerie A. (2004): "Female Deacons in the Byzantine Church". Church History, 73, nº 2, páxs. 272–316 ISSN 0009-6407
  5. Véxase Diácono, sección Os diáconos na Igrexa Ortodoxa e no catolicismo oriental.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Church of England. "The ministry of women, 1920." Society for Promoting Christian Knowledge. Macmillan, The Beginnings of Women's Ministry: The Revival of the Deaconess in the Church of England, edited by Henrietta Blackmore, Church of England Record Society, 2007.
  • De Swarte Gifford, Carolyn (1987): The American Deaconess movement in the early twentieth century. Garland Pub. ISBN 0-8240-0650-X
  • Grygo, Elizabeth N. (1990): The Deaconess Movement in the Russian Orthodox Church, 1860-1917. Thesis (M.A.I.S.) University of Washington.
  • Salmond, James David (1962): By love serve: the story of the Order of Deaconesses of the Presbyterian Church of New Zealand. Presbyterian Bookroom.
  • Wijngaards, John (2002): Women Deacons in the Early Church. Historical Texts and Contemporary Debates. Nova York: Herder & Herder.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]