Saltar ao contido

Ollomol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Buraz»)
Ollomol

Pagellus bogaraveo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Perciformes
Familia: Sparidae
Xénero: Pagellus
Especie: P. bogaraveo
Nome binomial
'Pagellus bogaraveo'
(Brünnich, 1768)
Sinonimia
  • Pagellus cantabricus (Asso, 1801)
  • Pagellus centrodontus Delaroche, 1809)
  • Sparus bogaraveo (Brünnich, 1768)
  • Sparus centrodontus (Delaroche, 1809)[1]

O ollomol[2] (Pagellus bogaraveo) é un peixe acantopterixio da familia dos espáridos, común no litoral atlántico europeo e na zona occidental do mar Mediterráneo.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

É unha especie moi estendida no occidente do mar Mediterráneo e na parte oriental do océano Atlántico, até Mauritania polo sur e as illas Orkney e Noruega polo norte. É a única especie dos espáridos xeneralizado e común nos mares de Europa setentrional. Vive a profundidade considerable (até 700–800 m no Atlántico e a 400 m no Mediterráneo) en fondos rochosos, de area e lama (especialmente). Os exemplares novos son máis costeiros, de augas pouco profundas, e nadan agrupándose en grandes cardumes.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Ten un aspecto típico de espárido, con corpo moi comprimido lateralmente. Cabeza curta e redondeada, boca pequena e ollos moi grandes. O dorso é vermello pardusco, e os costados prateados. Todas as aletas son de cor rosa - avermellada. Distínguese dos demais espáridos por unha mancha difusa negra situada no nacemento da liña lateral que o cruza, enriba da base da aleta pectoral. Os exemplares novos son de cor máis pálida e carecen ás veces da mancha escura. Poden acadar até os 60 cm de lonxitude.

Os exemplares máis pequenos son coñecidos como "pachán"[3], "pancho"[4], "panchó"[5], "panchiño" ou "buraz"[6] (burás nas zonas con seseo implosivo).

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Aínda que é omnívoro, aliméntase sobre todo de crustáceos e outros invertebrados e peixes pequenos.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Acadan a madurez sexual aos dous anos, con 15–20 cm. O normal é que se reproduza en inverno, pero no Mediterráneo occidental faino entre xuño e setembro. Aproximadamente o 10% dos individuos son hermafroditas proterándricos.

Ollomol no mercado do Grove.

Captúrase tanto con rede de pesca como por palangre. A súa carne é branca, moi apreciada sobre todo en España e Italia.

Gastronomía

[editar | editar a fonte]

É a especie máis estimada da familia dos espáridos. A cantidade de graxa oscila entre case magro en primavera até ter un 9 % do seu peso en inverno. Nesta época adóitase cociñar á grella ou no forno. En España é frecuente a súa preparación na gastronomía en Nadal, sendo dúas especialidades o ollomol á madrileña ou á donostiarra.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]