Zulema González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaZulema González
Biografía
Nacemento(es) Zulema González González Editar o valor em Wikidata
8 de abril de 1992 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónárbitra de futbol Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesBernardino González Vázquez (tío) Editar o valor em Wikidata

Zulema González González, nada en Ourense o 8 de abril[1] de 1992, é unha árbitra de fútbol galega, de categoría internacional.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

González comezou na arbitraxe cando nena, con doce anos.[2] En 2015 ascendeu a categoría nacional,[3] e arbitrou o seu primeiro encontro de Terceira División (masculina), sendo a primeira muller en facelo en Galicia. Dous anos máis tarde, en 2017, estivo entre as dúas primeiras árbitras galegas en arbitrar partidos de Primeira División Feminina.

En 2018 cumpriu os requisitos para chegar á internacionalidade, á que accedeu formalmente en 2019, cando arbitrou o seu primeiro encontro como tal, un amigable entre as seleccións de Bélxica e Irlanda.[4] Deste xeito converteuse na primeira galega en chegar á categoría internacional como árbitra principal, se ben Yolanda Parga e Tania Fente xa o fixeran como árbitras asistentes. En 2019 recibiu o Premio Deporte Galego á mellor árbitra de 2018.[5]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É sobriña de Bernardino González, quen tamén chegara a ser árbitro internacional de fútbol, e de Manuel González Vázquez, que fora árbitro asistente en Segunda división.

Practica o atletismo, o baloncesto e o tiro olímpico. É diplomada en Maxisterio.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Zulema González: Ilusión por el arbitraje". MUNDO DEL ARBITRAJE (en castelán). 23 de agosto de 2018. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Zulema González: "Siempre tuve un balón en los pies"". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-12-18. Consultado o 2018-12-13. 
  3. "Una gallega en la elite del arbitraje: "Ser internacional es un orgullo"". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-12-12. Consultado o 2018-12-13. 
  4. "Zulema González realizou o seu debut como árbitra internacional". 22 de xaneiro de 2019. Consultado o 16 de decembro de 2023. 
  5. "Os premios Deporte Galego 2018 distinguen á atleta Ana Peleteiro e o piragüista Manuel Antonio Campos". Galicia Confidencial. 8 de novembro de 2019. Consultado o 8 de novembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]