Bernardino González Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bernardino González Vázquez
Información persoal
Nome completo Bernardino González Vázquez
Nacemento 29 de marzo de 1966 (57 anos)
Frankfurt Alemaña Alemaña
Outras ocupacións Axente comercial
Liga doméstica
Anos Liga Rol
2001–2010 Primeira árbitro
Internacional
Anos Liga Rol
2005–2010 FIFA Árbitro

Bernardino González Vázquez, nado en Frankfurt (Alemaña) o 29 de marzo de 1966, é un ex-árbitro de fútbol galego. Pertence ao Comité Galego de Árbitros de Fútbol, e arbitrou na Primeira División Española entre o 2001 e o 2010. Amais de árbitro é axente comercial, e reside en Ourense.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de arbitrar en categorías inferiores, debutou na Primeira División de España o 16 de setembro de 2001 no Estadio Manuel Ruiz de Lopera, nun encontro entre o Real Betis e o Real Madrid. En 2005 acadou a escarapela FIFA, e nese mesmo ano arbitrou a final do Campionato Europeo de Fútbol sub-17 de 2005 celebrado en Italia, entre Turquía e Holanda.

A súa última tempada na Primeira División foi a 2009–10.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El arbitraje te forma como persona". La Región (en castelán). 23 de xuño de 2009. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2019. Consultado o 06 de marzo de 2019. .

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]