Primeira división española de fútbol feminino
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
| Nome na lingua orixinal | (es) Liga F |
|---|---|
| Tipo | liga de fútbol |
| Organizador | Real Federación Española de Fútbol |
| Liga inferior | Segunda división española de fútbol feminino |
| Número de participantes | 16 |
| Localización e Datas | |
| País | España |
| Vixencia | 1988 – |
| Calendario da tempada | setembro – |
| Período de ocorrencia | 1 ano |
| Competición | |
| Primeiro posto | FC Barcelona (10º) (2025) |
| Datos estatísticos | |
| Máis títulos | FC Barcelona (10) |
| Outro | |
| Páxina web oficial | ligaf.es |
A Primeira División Feminina, coñecida comercialmente como Liga Feminina Iberdrola, é a máxima categoría da liga española de fútbol feminino, que organiza a RFEF dende 1988.
Formato
[editar | editar a fonte]Creada en 1988 co nome de Liga Nacional de fútbol feminino, na súa primeira edición (1988-89) constou dun único grupo con 9 equipos. Nas seguintes edicións introducíronse varios cambios no seu formato, de xeito que durante anos foi un torneo no cal os equipos estaban divididos en 4 grupos segundo criterios xeográficos, e que ó remate da tempada regular xuntaba ós gañadores de cada grupo nunha localidade e enfrontábaos entre si nunha final a 4 polo título.
A tempada 2001-02 foi a primeira coa denominación Superliga, que trouxo consigo o formato clásico de liga cun grupo único, no cal había 12 equipos. Ese número de equipos medrou na tempada 2003-04 a 14, e na tempada 2008-09 a 16.
A edición 2009-10 volveu ó antigo sistema de varios grupos e varias fases, cun crecemento no número de equipos de 16 a 24, o cal provocou moitas críticas entre o colectivo de xogadoras. Non obstante, o sistema mantívose na seguinte tempada, cun equipo mais.
Na tempada 2011-12 o nome Superliga foi trocado polo de Primeira División, e o formato consistiu novamente nun grupo único de 18 equipos, que disputan unha liga regular de 34 xornadas nas que cada equipo xoga 2 encontros fronte ós outros 17, un como local e outro como visitante.
Sistema de competición
[editar | editar a fonte]A competición dispútana anualmente 16 equipos que xogan nun único grupo enfrontándose todos contra todos a dobre partido (un partido en campo propio e outro en campo contrario), segundo un calendario previamente establecido por sorteo.
Os equipos puntúan en función dos seus resultados: tres puntos por partido gañado, un polo empate e ningún polas derrotas. O club que suma máis puntos ao termo do campionato proclámase campión de liga e obtén unha praza para a seguinte edición da Liga de Campións da UEFA, do mesmo xeito que o segundo clasificado. Así mesmo, os oito primeiros clasificados disputan a Copa da Raíña ao termo da liga. Os dous últimos equipos descenden a Primeira División B e desta ascenden reciprocamente dous equipos.
Equipos
[editar | editar a fonte]Os equipos participantes na edición 2019-20 da Primeira División de fútbol feminino serán os seguintes:
| Club | Cidade | Estadio |
|---|---|---|
| Athletic Club EFT | Bilbao | Lezama |
| Club Atlético de Madrid | Madrid | Cerro del Espino |
| C.D. TACON | Madrid | Ciudad Real Madrid |
| Deportivo Feminino | A Coruña | Cidade Deportiva de Abegondo |
| EDF Logroño | Logroño | Las Gaunas |
| Futbol Club Barcelona | Barcelona | Estadi Johan Cruyff |
| Levante U.D. | Valencia | El Terrer |
| Madrid C.F.F. | Madrid | Estadio Municipal Matapiñonera |
| Rayo Vallecano | Madrid | Ciudad Deportiva Rayo Vallecano |
| Real Betis Féminas | Sevilla | Ciudad Deportiva Luis del Sol |
| R.C.D. Español | Barcelona | Ciutat Esportiva Dani Jarque |
| Real Sociedad | San Sebastián | Instalaciones de Zubieta |
| Sevilla F.C. | Sevilla | Ciudad Deportiva José Ramón Cisneros Palacios |
| Sporting de Huelva | Huelva | Campo Federativo de La Orden |
| U.D.G. Tenerife | Granadilla de Abona | La Hoya del Pozo (El Médano) |
| Valencia CF | Valencia | Estadio Municipal Antonio Puchades |
Palmarés
[editar | editar a fonte]

| Tempada | Campión | Subcampión | |
|---|---|---|---|
| Primeira División Feminina | |||
| 2018-19 | Atlético de Madrid | FC Barcelona | |
| 2017-18 | Atlético de Madrid | FC Barcelona | |
| 2016-17 | Atlético de Madrid | FC Barcelona | |
| 2015-16 | Athletic Club EFT | FC Barcelona | |
| 2014-15 | FC Barcelona | Atlético de Madrid | |
| 2013-14 | FC Barcelona | Athletic Club EFT | |
| 2012-13 | FC Barcelona | Athletic Club EFT | |
| 2011-12 | FC Barcelona | Athletic Club EFT | |
| 2010-11 | Rayo Vallecano | RCD Espanyol | |
| 2009-10 | Rayo Vallecano | RCD Espanyol | |
| 2008-09 | Rayo Vallecano | Levante UD | |
| 2007-08 | Levante UD | Rayo Vallecano | |
| 2006-07 | Athletic Club EFT | RCD Espanyol | |
| 2005-06 | RCD Espanyol | Sevilla FC | |
| 2004-05 | Athletic Club EFT | Levante UD | |
| 2003-04 | Athletic Club EFT | CE Sabadell | |
| 2002-03 | Athletic Club EFT | Levante UD | |
| 2001-02 | Levante UD | CF Puebla | |
| 2000-01 | Levante UD | Eibartarrak FT | |
| 1999-00 | CF Irex Puebla | AD Torrejón CF | |
| 1998-99 | Oroquieta Villaverde | CF Irex Puebla | |
| 1997-98 | Club Atlético Málaga | Sant Vicent Valencia CFF | |
| 1996-97 | Sant Vicent Valencia CFF | Añorga KKE | |
| 1995-96 | Añorga KKE | Oroquieta Villaverde | |
| 1994-95 | Añorga KKE | Oroquieta Villaverde | |
| 1993-94 | Oroquieta Villaverde | Añorga KKE | |
| 1992-93 | Oroquieta Villaverde | Añorga KKE | |
| 1991-92 | Añorga KKE | Barcelona Formas | |
| 1990-91 | Oiartzun KE | Atlético Villa de Madrid | |
| 1989-90 | Atlético Villa de Madrid | Peña Barcelonista Barcilona | |
| 1988-89 | Peña Barcelonista Barcilona | CF Parque Alcobendas | |