Exército Zapatista de Liberación Nacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "EZLN")
Exército Zapatista de Liberación Nacional
EZLN
Flag of the EZLN.svg
Bandeira do EZLN
Organización armada de México
Líderes Subcomandante Marcos
Creación Movemento armado: 1994-2000. Movemento político: Actual.
Área de operacións Chiapas, México
Ideoloxía Socialismo libertario, marxismo autónomo, indixenismo, socialismo autoxestionario
Status Inactivo

O Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN) é unha organización mexicana de carácter político, que nos seus comezos foi militar. A súa inspiración política é o zapatismo, o marxismo e o socialismo libertario, e a súa estrutura militar é a guerrilla. O seu obxectivo é, segundo o subcomandante Marcos, "A toma do poder? Non, só algo máis difícil: un mundo novo.”,[1] e na Declaración da Selva Lacandona estableceuse: "...loita por traballo, terra, teito, alimentación, saúde, educación, independencia, liberdade, democracia, xustiza e paz...acadar o cumprimento destas demandas básicas do noso pobo formando un goberno do noso país libre e democrático".

Saíu á luz pública no estado mexicano de Chiapas o 1 de xaneiro de 1994, cando un grupo de indíxenas armados intentaron ocupar 7 cabeceiras municipais o mesmo día en que entraba en vigor o "Tratado de Libre Comercio de América do Norte" (TLC), durante o goberno de Carlos Salinas de Gortari; cuestionando o sistema político mexicano sobre as súas promesas de modernidade. O seu obxectivo era o derrocamento do presidente elixido e o establecemento dunha democracia participativa. Trala represión militar recibida, emprendeuse unha actividade política, mantendo un carácter de esquerda radical. O seu mando é nomeado Comité Clandestino Revolucionario Indíxena-Comandancia Xeral (CCRI-CG) do EZLN.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carta do Subcomandante Insurxente Marcos a Gaspar Morquecho, 2 de febreiro de 1994. Citado por Alejandro Raiter e Irene Muñoz (1995)[1]
  2. Decomisa la Sedena Manual político-militar del EZLN