Zéro de conduite
Zéro de conduite | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Zéro de conduite |
Director | Jean Vigo |
Produtor | Jean Vigo |
Guión | Jean Vigo |
Intérpretes | Jean Dasté, Robert le Flon |
Música | Maurice Jaubert |
Fotografía | Boris Kaufman |
Distribuidora | Gaumont |
Estrea | 7 de abril de 1933 |
Duración | 41 minutos |
Orixe | Francia |
Na rede | |
Zéro de conduite é unha película de 1933 dirixida polo director francés Jean Vigo. Estreada por primeira vez o 7 de abril de 1933, estivo prohibida desde entón en Francia ata o 15 de febreiro de 1946.
A película trata exhaustivamente as experiencias escolares de Vigo para retratar un sistema educativo institucional e represivo no que teñen lugar actos de rebelión surrealistas. O título refírese á cualificación que o rapaz obtén e que lle impide saír o domingo. Tamén amosa a influencia da obra de teatro Ubu Roi, de Alfred Jarry.
Aínda que a película non tivo un éxito inmediato, demostrou posuír unha influencia duradeira. François Truffaut rendeu unha homenaxe a Zéro de conduite na súa película Les Quatre Cents Coups copiando, practicamente fotograma a fotograma, a escena na que unha liña de escolares que corren por París vai perdendo un a un os seus membros debido ás atraccións da cidade. A película if...., de Lindsay Anderson, é na súa totalidade unha reinvención menos caprichosa de Zéro.