Saltar ao contido

Yvonne Blake

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaYvonne Blake

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de abril de 1940 Editar o valor en Wikidata
Manchester, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte17 de xullo de 2018 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndiseñador de vestuario Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteYvonne Blake, Award-Winning Costume Designer, Is Dead at 78 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0086762 Allocine: 77707 Allmovie: p82064 BNE: XX4423954 Editar o valor en Wikidata

Yvonne Ann Blake, nada en Manchester o 17 de abril de 1940[1] e finada en Madrid o 17 de xullo de 2018, foi unha deseñadora de vestiario hispano-británica, gañadora dun premio Óscar e catro premios Goya. En 2012 converteuse na primeira muller galardoada co Premio Nacional de Cinematografía sen ser actriz.[2] Ademais foi presidenta da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España (AACCE) dende 2016 ata 2018.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nada en Manchester, aos 16 anos obtivo unha bolsa para estudar arte, deseño e escultura no Regional College of Art & Design de Manchester. Posteriormente viaxou a Londres e presentou o seu cartafol na Casa Bermans, creadora de vestiarios como os de Cleopatra. Ao ver os seus esbozos, ofrecéronlle un posto de axudante de Cynthia Tingey, deseñadora estable da casa e creadora do vestiario de estrelas de cine.[4]

Tras traballar varias veces de axudante, o seu primeiro traballo como deseñadora no cinema foi en 1966 co filme de Daniel Mann Judith, protagonizada por Sophia Loren.[5] Os seus seguintes títulos foron Falso ídolo, El espía de la nariz fría e Fahrenheit 451.

Na súa primeira etapa en España, Blake participou na rodaxe de dous filmes, Duffy, protagonizada por Susannah York, James Coburn e James Mason, e o western cómico A Talent for Loving. Nesta rodaxe coñeceu o que foi o seu marido, Gil Carretero, que era segundo axudante de dirección. En 1971 gañou o Oscar ao mellor vestiario co filme Nicolás e Alexandra, unha superprodución dirixida por Franklin J. Schaffner e producida por Sam Spiegel.

O 14 de xullo de 2016, Blake asumiu en funcións o posto de presidente da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España tras dimitir o seu predecesor, Antonio Resines.[5][6] O 15 de outubro, ao ser a única candidata nas eleccións, a institución ratificouna como a súa presidenta.[7]

O 3 de xaneiro de 2018 foi ingresada de urxencia no Hospital Universitario Ramón y Cajal tras sufrir un ictus.[8] Unha semana despois abandonou a UCI e comezou a recuperación.[9] Polo seu mal estado de saúde, Blake abandonou as súas responsabilidades de presidenta da AACCE. O 9 de abril a Academia nomeou a Blake presidenta de honor da institución, designou a Mariano Barroso como presidente en funcións e convocou eleccións a presidente.[10] Yvonne Blake faleceu o 17 de xullo de 2018 aos 78 anos, sen acabar de recuperarse do ictus que sufrira seis meses atrás.[11]

Filmografía seleccionada

[editar | editar a fonte]

Premios Oscar

[editar | editar a fonte]
Mellor vestiario
Ano Filme Resultado Notas
1971 Nicolás e Alexandra Gañadora Candidata con Antonio Castillo
1975 The Four Musketeers Candidata Candidata con Ron Talsky

Premios da BAFTA

[editar | editar a fonte]
Mellor vestiario
Ano Filme Resultado Notas
1971 Nicolás e Alexandra Candidata Candidata con Antonio Castillo
1973 Jesus Christ Superstar Candidata
1974 The Three Musketeers Candidata
1975 The Four Musketeers Candidata

Premios Goya

[editar | editar a fonte]
Mellor vestiario
Ano Filme Resultado Notas
1988 Remando ao vento Gañadora
1991 Don Juan en los infiernos Candidata
1992 La reina anónima Candidata
1994 Canción de cuna Gañadora
2003 Carmen Gañadora
2004 The Bridge of San Luis Rey Gañadora
2006 Goya's Ghosts Candidata

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Matellanos, Victor. Diseñado por… Yvonne Blake, figurinista de cine. Madrid: Fundación Autor
  • Laver, James.(2008) Breve Historia del traje y la moda. Madrid: Ensayos Arte Cátedra
  • O’Hara Callan, Georgina. (1999) Diccionario de la moda y los diseñadores Barcelona: Ediciones Destino
  • Lamarca, Manuel e Valenzuela, Juan Ignacio (2008): Cómo crear una película. Anatomía de una profesión. Madrid, T&B Editores. ISBN 978-8496576766.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]