Yurihonjō (由利本荘市, ゆりほんじょうし, Yurihonjō-shi) é un concello da prefectura de Akita no Xapón. Está situado ao suroeste da prefectura e da rexión de Tōhoku, na illa de Honshū. A súa superficie é de 1.209,08km², a poboación é de 85.920 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 71,1 h/km².
A cidade de Yurihonjō foi fundada após a fusión do concello da cidade de Honjō e 7 concellos de vilas do distrito de Yuri (Yashima, Iwaki, Yuri, Nishime, Chōkai, Higashiyuri e Ōuchi) no ano 2005.