Yrsa Sigurðardóttir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yrsa Sigurðardóttir
Nome completoVilborg Yrsa Sigurðardóttir
Nacemento24 de agosto de 1963
Lugar de nacementoReiquiavik
NacionalidadeIslandia
Alma máterUniversidade de Islandia e Universidade Concordia
Ocupaciónescritora e escritora de literatura infantil
PremiosPalle Rosenkrantz Prize e Blóðdropinn
Na rede
IMDB: nm2969464 Facebook: YrsaSig Musicbrainz: f0e50c7c-785e-47c7-8f6c-849a6a12b8b2 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vilborg Yrsa Sigurðardóttir, nada o 24 de agosto de 1963 en Reiquiavik, é unha escritora islandesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou enxeñaría civil na Universidade de Islandia, completando en 1997 os seus estudos na Universidade Concordia en Montreal, traballou durante varios anos na empresa Fjarhitun e logo foi enxeñeira na construción do encoro de Kárahnjúkar. En 1998 publicou o seu primeiro libro, unha obra infantil, Þar lágu Danir í því. Ao que lle seguiu o ano seguinte Við viljum jól í júlí e que logrou o recoñecemento do consello do libro infantil de Islandia, a sección islandesa do IBBY. Nos anos seguintes publicou máis libros dirixidos ao público infantil  Barnapíubófinn, Búkolla og bókarránið (2000), B 10 (2001) e Bíóbörn (2003), gañador do premio Íslensku barnabókaverðlaunin. As súas historias infantís están moi marcadas por un característico ton humorístico.

A súa primeira obra dirixida ao público adulto, a novela policial Þriðja táknið de 2005, converteuse nun éxito editorial no seu país e internacional, e deu orixe a unha serie de novelas protagonizadas pola avogada Þóra Guðmundsdóttir, que traballa con intuición e unha rigorosa lóxica[1], e que se traduciu a máis de 30 linguas[2]. As súas novelas caracterízanse polas súas escenas particularmente escuras e a súa sutil afinidade polo sobrenatural.

Obra[editar | editar a fonte]

Infantil[editar | editar a fonte]

  • Þar lágu Danir í því (1998)
  • Við viljum jólin í júlí (1999)
  • Barnapíubófinn, Búkolla og bókarræninginn (2000)
  • B 10 (2001)
  • Biobörn (2003)

Þóra Guðmundsdóttir[editar | editar a fonte]

  • Þriðja táknið (2005)
  • Sér grefur gröf (2006)
  • Aska (2007)
  • Auðnin (2008)
  • Horfðu á mig (2009)
  • Brakið (2011)

Freyja e Huldar[editar | editar a fonte]

  • DNA (2014)
  • Sogið (2015)
  • Aflausn (2016)
  • Gatið (2017)

Fóra dunha serie[editar | editar a fonte]

  • Ég man þig (2010)
  • Kuldi (2012)
  • Lygi (2013)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mitzi M. Brunsdale (2016) Encyclopedia of Nordic Crime Fiction: Works and Authors of Denmark, Finland, Iceland, Norway and Sweden since 1967 Jefferson: McFarland, p. 233
  2. "Yrsa Sigurðardóttir" Icelandic Literature Center