Yoshimi P-We

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Yoshimi P-We
Yoshimi2.jpg
Nacemento18 de febreiro de 1968
OrixeOkayama, Flag of Japan.svg Xapón
Ocupaciónmúsica, batería, cantante e trompetista
Xéneromúsica noise, música electrónica, dance alternativo
Instrumento(s)batería
Relacionado conBoredoms, OOIOO, OLAibi, Free Kitten, Saicobab
editar datos en Wikidata ]

Yoshimi P-We (nada como Yokota Yoshimi o 18 de febreiro de 1968) é unha músico xaponesa coñecida polo seu rol como o batería que tocou durante máis tempo na banda de rock xaponesa Boredoms.[1]

Ademais das súas habilidades coa batería con Boredoms, tamén se encarga das voces en OOIOO, e tamén toca a trompeta, a guitarra e os teclados.

Nada en Okayama, Xapón, Yoshimi uníuse á súa primeiro banda, U.F.O. or Die, no ano 1986. Dende 1997 lidera a banda de mulleres OOIOO e continúa contribuíndo na presente encarnación de Boredoms.

Yoshimi traballou nun gran número de proxectos, destacando unha banda de raga chamada Saicobab, un proxecto de ambient chamado Yoshimi and Yuka, the tribal-drum-influenced OLAibi, e o supergrupo indie Free Kitten. Yoshimi aparece como músico de sesión e vocalista no álbum de 2002 de The Flaming Lips Yoshimi Battles the Pink Robots. Yoshimi participou como batería un (no concerto participaron 74 baterías) na actuación de Boredoms recollida no álbum ao vivo 77 Boadrum, que tivo lugar o día 7 de xullo de 2007, no Empire-Fulton Ferry State Park en Brooklyn, Nova York.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Yoshimi". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-12-20. 
  2. "Boredoms - 77 Boa Drum". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-12-20.