Yosefu Asajirō Satowaki
ヨゼフ さとわき あさじろう Yosefu Satowaki Asajirō[1] | |
---|---|
![]() | |
Cardeal da Igrexa Católica | |
Biografía | |
Nacemento | 1 de febreiro de 1904 en Shittsu, prefectura de Nagasaki, Xapón |
Pasamento | 8 de agosto de 1996 en Nagasaki, Xapón |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 17 de decembro de 1932 |
Consagración episcopal | 3 de maio de 1955 |
Creado cardeal | 30 de xuño de 1979, por Xoán Paulo II |
Arcebispo de Nagasaki | |
19 de decembro de 1968 - 8 de febreiro de 1990 | |
Predecesor | Pauro Aijirō Yamaguchi |
Sucesor | Furanshisuko Zabieru Kaname Shimamoto |
Outros | |
![]() Escudo de Asajirō Satowaki |
Yosefu Asajirō Satowaki (里脇 浅次郎, Satowaki Asajirō), nado o 1 de febreiro de 1904 en Shittsu, Xapón, e finado o 8 de agosto de 1996 en Nagasaki, foi un bispo xaponés da Igrexa Católica. Foi como arcebispo de Nagasaki entre 1968 e 1990, e foi creado cardeal polo papa Xoán Paulo II en 1979.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Satowaki naceu en Shittsu, localidade da prefectura de Nagasaki, e estudou no seminario de Nagasaki, na Pontificia Universidade Urbaniana en Roma e na Universidade Católica de América de Washington, D.C. Cando era seminarista en Roma, foi quen convidou ao frade franciscano conventual polonés Maximiliano Kolbe a ir ao Xapón como misioneiro. Foi ordenado sacerdote o 17 de decembro de 1932,[2] e estivo destinado na arquidiocese de Nagasaki. Foi tamén administrador apostólico de Taiwán entre 1941 e 1945,[2] e reitor do seminario de Nagasaki entre 1945 e 1947.[2]
O 25 de febreiro de 1955, foi nomeado bispo de Kagoshima por Pío XII, e recibiu a consagración episcopal o seguinte 3 de maio por mans do arcebispo Maximilien de Fürstenberg. Participou no Concilio Vaticano Segundo, e posteriormente foi nomeado arcebispo de Nagasaki en 1968.
O papa Xoán Paulo II creouno cardeal co título de Cardeal-Presbítero de Santa Maria della Pace no consistorio do 30 de xuño de 1979.
Satowaki finou en Nagasaki en 1996, aos 92 anos.
Notas[editar | editar a fonte]
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Pauro Aijirō Yamaguchi |
Bispo de Kagoshima 1955 - 1968 |
Sucesor: Pauro Shin'ichi Itonaga
|
Predecesor: Pauro Aijirō Yamaguchi |
Arcebispo de Nagasaki 1968 - 1990 |
Sucesor: Furanshisuko Zabieru Kaname Shimamoto
|
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |