Yogi Bhajan
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de agosto de 1929 Gujranwala, Paquistán (pt) |
| Morte | 6 de outubro de 2004 Española, Estados Unidos de América (pt) |
| Actividade | |
| Ocupación | relixioso |
Harbhajan Singh Khalsa Yogiji, Yogi Harbhajan ou Yogi Bhajan, nado en Gujranwala o 26 de agosto de 1929 e finado en La Española o 6 de outubro de 2004, foi un empresario, fundador da organización non gobernamental 3HO e mestre sikh de kundalini ioga.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fundou 3HO (Healthy, Happy, Holy Organization) en 1969 e máis tarde esta organización foi recoñecida polas ONU como ONG, ten campañas educativas e a favor dos dereitos da muller e os dereitos humanos. Como empresario, implicouse nuns 17 negocios, entre eles centros de ioga e a compañía de comida saudable Golden Temple.
Aos 39 anos instalouse nos EEUU, onde se fixo coñecido polas súas habilidades co ioga e por facer que moitos europeos e norteamericanos se convertesen ao sikhismo.
Sobrevivíronlle a súa esposa, Inderjit Kaur, os seus fillos, Ranbir Singh e Kulbir Singh; a súa filla, Kamaljit Kaur e cinco netos.
