Yamen Manaï
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de maio de 1980 ![]() Tunes, Tunisia ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Belas letras e tecnoloxías da información ![]() |
Ocupación | escritor ![]() |
Premios | |
|
Yamen Manaï, nado en Tunes o 25 de maio de 1980, é un escritor tunisiano establecido en París.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Manaï, fillo de profesores, creceu en Tunes nun ambiente culto. Durante a súa infancia tivo acceso á biblioteca familiar e ficou abraiado coa poesía árabe, a cal influíu na súa escritura. Marchou estudar enxeñaría en París e especializouse no eido das Tecnoloxías da información e a comunicación. Na cidade descubriu a vida literaria francesa e pouco a pouco comezou a escribir en francés.[1]
As súas novelas levan á reflexión sobre o mundo actual: ditaduras, fundamentalismo e ecoloxía. Foron premiadas en Francia, mais tamén en Tunisia, co Comar d'or.
En xuño de 2021 Manaï gañou o Premio Orange du Livre en Afrique coa novela Bel abîme.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]- La Marche de l'incertitude (2010)
- La Sérénade d'Ibrahim Santos (2011)
- Nouvelles de Tunisie (2012), obra colectiva
- L'Amas ardent (2017)
- Bel abîme (2021)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Manai Yamen". Mondes en VF (en francés).
- ↑ Michel, Nicolas (15 de xuño de 2021). "Tunisie: Yamen Manai, lauréat du 4e prix Orange du Livre en Afrique". Jeune Afrique (en francés). ISSN 1950-1285. Consultado o 8 de febreiro de 2024.