Xura de Santa Gadea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xúraa de Santa Gadea, de Armando Menocal. 1887 (Alfafar).

A Xura de Santa Gadea é unha lenda medieval transmitida por romances como o Romance de la Jura de Santa Gadea, na que se narra o xuramento que supostamente houbo de prestar o rei Afonso VI de León na igrexa de Santa Gadea de Burgos, a finais do ano 1072, a fin de demostrar que non tomara parte no asasinato do seu propio irmán, o rei Sancho II de Castela, quen fora asasinado durante o Cerco de Zamora, que se achaba en mans da súa irmá, a infanta Urraca.

A lenda[editar | editar a fonte]

O relato difundido pola tradición conta que Rodrigo Díaz de Vivar, o Cid Campeador, obrigou a Afonso VI, rei de León, de Galiza e de Castela, a xurar que non tomara parte no asasinato do seu propio irmán, o rei Sancho II, quen foi asasinado diante dos muros da cidade de Zamora no ano 1072, cidade que se achaba en mans da súa irmá, a infanta Urraca, que protexía os intereses do seu irmán Alfonso, quen se achaba refuxiado na Taifa de Toledo.

Segundo a tradición, o xuramento que houbo de prestar Alfonso tivo lugar na igrexa de Santa Gadea da cidade de Burgos, a finais do ano 1072.[1]

Mito medieval[editar | editar a fonte]

A historiografía e os estudos de literatura afirman que este feito nunca tivo lugar e que é un mito creado no século XIII, ao redor do ano 1236, tras a unión definitiva dos reinos de Castela e de León na persoa de Fernando III, fillo de Afonso VIII de León e Galiza:

Non houbo, pois, xuras na igrexa de Santa Gadea, nen enemistade do rei nen desterro por este motivo. Esas son lendas elaboradas en épocas máis tardías. Ao contrario, nun principio o Cid gozou da amizade e o favor do rei máis do que ningún outro nobre da Corte: foi colmado de privilexios, casou cunha sobriña súa, dona Ximena, foi delegado do rei en varios xuízos, aparte doutras consideracións. (Timoteo Riaño Rodríguez)

Obrigando ao rei a prestar xuramento en público, o Cid convertíase en representante dos dereitos dos casteláns, quen non sentían demasiada simpatía por Alfonso, á vez que pasaba a ser paladín da verdade, da xustiza e do ben común.[2]


A referencia máis antiga á Xura que se coñece é de Lucas de Tui [3], un século e medio despois das vidas de Afonso VI e o Cid. Non será até o último terzo do século XIII cando a lenda adquira o relevo e os detalles con que pasou a formar parte das crónicas e o romancero, e de aí ao teatro do Século de Ouro, coa súa inclusión na Leyenda de Cardeña que foi introducida na Estoria de España alfonsí cara a 1270.[4] Nos últimos anos hai máis estudos sobre este feito que puido ter lugar na igrexa de Santiago dos Cabaleiros de Zamora e non na cidade de Burgos como sostivo a tradición en base unicamente ao romancero.

En Burgos hai unha pequena localidade chamada Santa Gadea del Cid, que se chamaba Término no século XI, máis tarde foi chamada Santa Gadea, e despois foi completado o seu nome como "del Cid" no século XIX.[5]

A Xura no cine[editar | editar a fonte]

Jura de Santa Gadea, de Marcos Hiráldez Acosta. 1864. (Palacio do Senado, Madrid).

Na película O Cid, rodada no ano 1961 e protagonizada por Charlton Heston, no papel do Cid Campeador, e Sophia Loren no de Dona Ximena, hai unha secuencia na escena da Xura de Santa Gadea.  

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Trátase dunha belísima e poética escenificación carente de calquera base histórica ou documental. Non precisaba Alonso VI de ningún xuramento solemne nen dunha nova proclamación en Burgos.
    Martínez Diez, capítulo IV, p. 71
  2. O Cid convértese en conciencia social e guardián do ben común, pasando a representar o "mito do cambio social, pero do cambio social asumíbel, non revolucionario", ao actuar como garante da continuidade do exercicio da autoridade, mais do exercicio correcto da mesma.
    García Fitz, p. 216
  3. Antón, Jacinto (2019-12-22). "Un Cid sin ‘Tizona’, ‘Babieca’ ni jura de Santa Gadea". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-03-19. 
  4. Peña Pérez, pp. 124 e seguintes
  5. "Historia ; Santa Gadea del Cid". www.santagadeadelcid.es. Consultado o 2022-03-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]