Xulio Cribeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xulio Cribeiro
Nacemento1959
 Cedeira
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Julio Cribeiro García, nado en Cedeira en 1959, é un médico e político galego do PPdeG primeiro e de Progresistas por Moeche despois.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Médico. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Moeche e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta. O 24 de abril de 2008 presentou a renuncia como alcalde e tamén como concelleiro premido pola moción de censura que formularan o seus propios compañeiros de partido e un concelleiro do PSdeG-PSOE, sendo elixido alcalde o seu número dous Julio López Romeo[1]. Foi acusado de malversación de fondos públicos[2] e declarado non culpable por un xurado popular cuxo veredicto foi ratificado polo TSXG[3]. Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura de Progresistas por Moeche e na sesión de investidura apoiou a elección do candidato do PPdeG[4]. Despois de apoiar ao PP, en 2014 conseguiu forzar a dimisión do alcalde López Romeo e converterse no novo alcalde co apoio do seu grupo e mais do PP.


Predecesor:
Fernando Campos Castro
 Escudo de Moeche.svg
Alcalde de Moeche
 
1995 - 2008
Sucesor:
Julio López Romeo
Predecesor:
Julio López Romeo
 Escudo de Moeche.svg
Alcalde de Moeche
 
2014 - 2015
Sucesor:
Beatriz Bascoy Maceiras

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]