Saltar ao contido

Xuglandáceas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xuglandáceas (Juglandaceae)

Nogueira (Juglans regia) en Otto Wilhelm Thomé, Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fagales
Familia: Juglandaceae
DC. ex Perleb, 1818, nom. cons.
subfamilias, tribos e xéneros

Véxase no texto

As xuglandáceas[1] (Juglandaceae) son unha familia da orde Fagales. Comporta uns 8 xéneros de árbores caducifolias, monoicas, resinosas e recendentes, en total, unhas 50 especies, a meirande parte orixinarias de rexións temperadas do hemisferio norte. A nogueira é unha das árbores galegas incluídas nesta familia.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Posúen follas imparipinnadas, alternas, caedizas ou sempreverdes, sen estípulas. Flores unisexuais, de periantio moi reducido ou nulo; as masculinas con periantio nulo ou até 5 piezas, con brácteas tectrices e bractéolas soldadas, con eixos moi contraídos, con 2-40 estames, reunidas en amentos, con bráctea tectriz; as femininas de ovario ínfero unilocular, con estilo curto e estigmas grandes e plumosos, dispostas en acios paucifloros terminais. Froitos en noz ou drupa involucrada, cunha induvia carnosa (de orixe carpelar), sementes sen endosperma, con cotiledóns grosos e lobulados, con tabiques separadores cerebriformes, con gran teor de óleos.

Subfamilias, tribos e xéneros

[editar | editar a fonte]

Engelhardtia, Platycaria).

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xuglandáceas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]