Xoán de Ávila
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Juan de Ávila 6 de xaneiro de 1499 Almodóvar del Campo, España (pt) |
Morte | 10 de maio de 1569 (70 anos) Montilla, España |
Lugar de sepultura | Basilica of St. John of Avila (en) |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Salamanca Universidade de Alcalá (histórica) (pt) Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | escritor, sacerdote católico, Doutor da Igrexa |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 10 de maio |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Obálky knih, The Nuttall Encyclopædia >>>:Avila, Juan d' |
Xoán de Ávila, nado o 6 de xaneiro de 1499 en Almodóvar del Campo (Cidade Real) e finado o 10 de maio de 1569 en Montilla, foi un sacerdote, reformador e escritor español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Era fillo dunha familia de xudeus conversos. O seu pai Afonso e a súa nai Catarina posuían unha boa posición ao seren posuidores dunhas minas de prata en Serra Morena.
En 1513 foise estudar Dereito a Salamanca; en 1520 acode a formarse en artes e teoloxía a Alcalá de Henares onde entra en contacto co pensamento de Erasmo de Rotterdam e afonda no coñecemento da Biblia e os Pais da Igrexa.
Foi ordenado sacerdote en 1526. Lonxe de ocultar as súas orixes, dixo a súa primeira misa na súa vila natal e quixo que participaran e logo comeran á súa mesa os pobres da mesma. Tras isto repartiu os seus bens aos desfavorecidos e trasladouse a Sevilla co fin de embarcarse para ser misioneiro ao servizo do bispo de Tlascala (México). Mentres agardaba entregouse a unha vida de asistencia aos necesitados e ensinanza do catecismo. Os seus plans trocaron cando o bispo de Sevilla Alonso Manrique ordéalle predicar en Andalucía. Dedicouse a percorrer as cidades e vilas andaluzas, reconciliando inimigos, impartindo catequeses, atendendo doentes e menesterosos.
Represión pola Inquisición
[editar | editar a fonte]Aínda que comezou a ser seguido polas camadas populares, boa parte do clero comezou a opoñerse ao seu labor, ata o punto de ser abofeteado por un deles na rúa, ao que el respondeu axoenllándose e poñendo a outra meixela.
Varios cregos acusárono de falar mal dos ricos, chamar mártires aos queimados coma herexes, ensinar cousas iconvenientes como que era mellor dar esmolas que fundar capelanías. Atribuíronselle erros dogmáticos en canto á Virxe María, a interpretación das Escrituras, a Eucaristía etc. Permaneceu dende 1531 ata 1533 na cadea ata que finalmente foi absolto aínda que con algunha advertencia e reconvención.
Escritos e fundacións
[editar | editar a fonte]Durante a súa prisión empeza a escribir Audi, Filia á súa amiga a moza Dona Sancha Carrillo. Xa liberado e reintegrado á súa vida pastoral dedica as súas Advertencias ao Concilio de Toledo ao bispo de Córdoba Cristóbal de Rojas. A Xoán de Ávila se lle atribúen a conversión do Xoán de Deus e de Francisco de Borxa.
Fundou colexios como, centros de formación e a Universidade de Baeza. Nos Memoriais do Concilio de Trento pide a creación de seminarios para unha rexeración da Igrexa católica. Consérvanse moitos sermóns sendo unha idea frecuente neles Cristo crucificado como expresión do amor de Deus. Tamén sobreviviu un anaco dun Tratado sobre o Sacerdocio. O seu Tratado do Amor de Deus está considerado como unha das primeiras xoias teolóxicas en lingua vulgar.
Nunca quixo hospedarse na casa dos ricos e refugou os ofrecementos de bispados e o cardenalato (ofrecido por Paulo III) e nunca aceptou un pagamento polos sermóns. Mantivo amizade con Frei Luis de Granada, que escribirá a súa primeira biografía.
A enfermidade obrigouno a retirarse a Montilla onde acabou morrendo 15 anos despois.
Significación
[editar | editar a fonte]Foi beatificado o 4 de abril de 1894 por León XIII. Pío XII declárao patrono do clero secular español e Paulo VI canonizouno en 1970. Bieito XVI iniciou o proceso de consideralo doutor da Igrexa.