Xosé María López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José María López 23 de xaneiro de 1884 Vilaboa, España |
Morte | 9 de xaneiro de 1931 (46 anos) Vilaboa, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, sacerdote, autor |
Xosé María López, nado en Vilaboa (antigo concello de Vilaoudriz, hoxe A Pontenova) o 23 de xaneiro de 1884 e finado na mesma parroquia o 9 de xaneiro de 1931, foi un crego e escritor galego. Ricardo Carballo Calero encádrao nos tempos da literatura postrenacentista[1]. Pode aparecer citado como Xosé María ou José María.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou a carreira sacerdotal nos seminarios de Mondoñedo e Lugo e ordenouse presbítero en Oviedo. Exerceu de capelán castrense en diferentes lugares de España, como a Academia de Enxeñaría de Guadalaxara, e África.
En 1928 publicou Contos de pola vila[2], un conxunto de cadros costumistas da zona da Pontenova. Son diferentes parolas ou conversas nas noites de inverno ao redor do lume da lareira porque a intención do autor é representar anacos da vida aldeá. A lingua usada é a propia do galego oriental cos castelanismos propios da fala, cun bo repertorio léxico e de xiros populares. O autor confesa sobre a lingua que a gran mayoría dos que falando gallego, desde que nacen hasta que morren, son incapaces de lelo e inda máis de escribilo[3].
Carballo Calero engade que por ser editado o libro fóra de Galicia (Alcalá de Henares) hai moitos erros de imprenta que o deslocen.
Obra
[editar | editar a fonte]- La cuestión social (Sevilla, 1901[4])
- Nostalgia (Sevilla, 1902; artigos, novelas curtas e poesías)
- Neima, la sultana de Alcazarquivir (Madrid, 1925; novela)
- Contos de pol-a vila ou sean parolas e comentarios feitos ô son do lume en varias cuciñas de unha aldea da provincia de Lugo, en noites de xeada (Alcalá de Henares, 1928)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Carballo Calero, Ricardo (1975). Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. p. 558. ISBN 84-7154-227-7.
- ↑ López, José María (1928). Contos de pola vila, ou sean parólas é comentarios feitos ó son do lume en varias cuciñas de unha aldea da provincia de Lugo, en noites de xeada. Co as debidas licencias. Imprenta de la escuela de Jóvenes.
- ↑ Vilavedra, Dolores (Coord.) (1995). Diccionario da literatura galega I. Galaxia. p. 330. ISBN 84-8288-019-5.
- ↑ Ledo Cabido, Bieito (editor) (2002). Enciclopedia Galega Universal, 11. Editorial Ir Indo. ISBN 84-7680-299-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, A. (1952). "LÓPEZ, José María". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 296-297.
- Fernández del Riego, Francisco (1990). Diccionario de escritores en lingua galega. Sada: Ediciós do Castro. p. 561.