Xosé María López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosé María López
Biografía
Nacemento(es) José María López Editar o valor em Wikidata
23 de xaneiro de 1884 Editar o valor em Wikidata
Vilaboa, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xaneiro de 1931 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Vilaboa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , sacerdote , autor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Xosé María López, nado en Vilaboa (antigo concello de Vilaoudriz, hoxe A Pontenova) o 23 de xaneiro de 1884 e finado na mesma parroquia o 9 de xaneiro de 1931, foi un crego e escritor galego. Ricardo Carballo Calero encádrao nos tempos da literatura postrenacentista[1]. Pode aparecer citado como Xosé María ou José María.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou a carreira sacerdotal nos seminarios de Mondoñedo e Lugo e ordenouse presbítero en Oviedo. Exerceu de capelán castrense en diferentes lugares de España, como a Academia de Enxeñaría de Guadalaxara, e África.

En 1928 publicou Contos de pola vila[2], un conxunto de cadros costumistas da zona da Pontenova. Son diferentes parolas ou conversas nas noites de inverno ao redor do lume da lareira porque a intención do autor é representar anacos da vida aldeá. A lingua usada é a propia do galego oriental cos castelanismos propios da fala, cun bo repertorio léxico e de xiros populares. O autor confesa sobre a lingua que a gran mayoría dos que falando gallego, desde que nacen hasta que morren, son incapaces de lelo e inda máis de escribilo[3].

Carballo Calero engade que por ser editado o libro fóra de Galicia (Alcalá de Henares) hai moitos erros de imprenta que o deslocen.

Obra[editar | editar a fonte]

  • La cuestión social (Sevilla, 1901[4])
  • Nostalgia (Sevilla, 1902; artigos, novelas curtas e poesías)
  • Neima, la sultana de Alcazarquivir (Madrid, 1925; novela)
  • Contos de pol-a vila ou sean parolas e comentarios feitos ô son do lume en varias cuciñas de unha aldea da provincia de Lugo, en noites de xeada (Alcalá de Henares, 1928)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carballo Calero, Ricardo (1975). Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. p. 558. ISBN 84-7154-227-7. 
  2. López, José María (1928). Contos de pola vila, ou sean parólas é comentarios feitos ó son do lume en varias cuciñas de unha aldea da provincia de Lugo, en noites de xeada. Co as debidas licencias. Imprenta de la escuela de Jóvenes. 
  3. Vilavedra, Dolores (Coord.) (1995). Diccionario da literatura galega I. Galaxia. p. 330. ISBN 84-8288-019-5. 
  4. Ledo Cabido, Bieito (editor) (2002). Enciclopedia Galega Universal, 11. Editorial Ir Indo. ISBN 84-7680-299-4. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]