Xosé Manuel Eyré
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xuño de 1960 (64 anos) Río Pedroso, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor , crítico literario |
Lingua | Lingua galega |
Xosé Manuel Eyré Val, nado en Río Pedroso (A Laxe, Chantada), o 16 de xuño de 1960, é un crítico literario e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filoloxía Hispánica, subsección galego-portugués na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou na revista Ólisbos.[1] Desde 1988 comezou a publicar crítica literaria en A Nosa Terra, e máis ocasionalmente nas revistas Achantada e Alem-parte. Coordinou a 1ª edición do Certame Mundanal de Contos Ultralixeiros. É profesor de ensino secundario en Lugo.
Tamén colaborou como autor na Historia da Literatura Galega promovida por ANT e ASPG, co fascículo relativo á historia da narrativa actual e dúas antoloxías.[2]
No blog Ferradura en Tránsito II, escribe crítica de libros galegos e tamén da lusofonía.[3]
Obras
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Constelación de Ío (2005). Vigo: Galaxia, col. Illa nova. 148 páxs. ISBN 978-84-8288-825-5.
- Ou as dúas estaredes mortas (2023). Vigo: Galaxia. 254 páxs. ISBN 978-84-1176-147-5.[4]
Ensaio
[editar | editar a fonte]Edicións
[editar | editar a fonte]- Antoloxía da narrativa actual. I e I (1997)., AS-PG e A Nosa Terra.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Avelino Gómez Ledo no seu centenario (1996). Deputación de Lugo. Con María Olga Varela Rodríguez e Xosé Manuel Vélez.
- Letras novas (2008). Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio á Colaboración Editorial de Edicións Xerais no 2004.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Xosé Manuel Eyré". Hablamos de Libros. Consultado o 2023-10-19.
- ↑ "Xosé Manuel Eyré - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-10-19.
- ↑ "Eyré, Xosé M.". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-10-19.
- ↑ Tasende, Silvia (xaneiro, febreiro, marzo, 2024). "O caos é pérfido". Grial LXII (241): 92, 93. ISSN 0017-4181.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xosé Manuel Eyré na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- Ferradura en Tránsito II Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine. Blog do autor