Xosé Luís Allué Andrade
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de setembro de 1931 Monforte de Lemos, España |
Morte | 2 de xaneiro de 2020 (88 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Enxeñaría de montes e literatura galega |
Ocupación | escritor, profesor universitario, científico |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Xosé Luís Fernando Allué-Andrade y Ferreira,[1] ás veces mencionado como Xosé Luís Allué[2], nado en Monforte de Lemos o 9 de setembro de 1931 e finado en Madrid o 2 de xaneiro de 2020, foi un científico, profesor e investigador galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Ciencias Físicas e Enxeñería Técnica Forestal. Foi investigador científico no Instituto Nacional de Investigacións Agrarias, especialista en Fitoclimatoloxía e profesor de Silvicultura na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Forestal. Foi secretario xeral da Sociedade Española para o estudo dos pastos, secretario da European Grassland Federation, subcoordinador nacional do programa de investigación de pastos e profesor de repoboacións na Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Forestal.
Dende a súa mocidade foi asiduo do grupo formado por Ramón Piñeiro, Celestino Fernández de la Vega, Ánxel Fole e Luís Pimentel.
Obra
[editar | editar a fonte]Formulou tres modelos de análise fitoclimática e un método de diagnose, avaliación e prescrición ecoculturais, ademais do estudo monográfico dunhas oitenta especies pascícolas. Os seus estudos biolóxicos, ecolóxicos e climatolóxicos están recollidos en múltiples publicacións, entre as que destacan:
- Aflorestation in arid zones.
- Studes of botany, ecology, biology and pascicology of the principal existing especies in the spontaneous pasture grounds of our semiarid regions.
- Problemas y expectativas de la investigación piscícola, 1982.
- Atlas Fitoclimático de España, 1990.
En galego publicou artigos e poemas en Grial, participou nos volumes colectivos Paisaxe e cultura (1955), Homenaxe a Otero Pedrayo (1958), O noso sentimento da paisaxe (en colaboración con Cunqueiro, Bonet Correa e Otero Pedrayo), Cinco pezas pra cembalo, Vintasete murais pra Tino, O caso Grandio, Dicionario aproximado, Canciones callejeras y sentimentales, Sonata para un hombre solo e Liturxias pró Nadal.
A correspondencia de Ramón Piñeiro con el foi publicada nun volume pola editorial Galaxia en 2005.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Cruz do Mérito Agrícola.
- Premio de Publicacións INIA.
- Certificate of Apreciation Foreing Research and Technical Programs dos EE UU.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
- ↑ "Cartas a un mozo galego. Correspondencia con Xosé Luís Allué (1953-1967)". Editorial Galaxia. Catálogo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 19. ISBN 84-8064-113-4.
- Piñeiro, R. (2005). Cartas a un mozo galego. Correspondencia con Xosé Luís Allué 1953-1967. Galaxia.
- Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en galegos.info
- Ficha en Galaxia Arquivado 06 de abril de 2018 en Wayback Machine.