Saltar ao contido

Xosemaría Pérez Parallé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXosemaría Pérez Parallé

Xosemaría Pérez Parallé (outubro, 1987)
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1909 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de novembro de 1987 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Fene, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, mestre, escritor Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoNarrativa, poesía

BNE: XX920863 BUSC: perez-paralle-xosemaria-1909-1987

Xosé María Pérez Parallé, que asinaba con frecuencia como Xosemaría Pérez Parallé, nado en Ferrol o 4 de agosto de 1909 e finado en Fene o 1 de novembro de 1987, foi un mestre e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa actividade cultural comezou en Santiago de Compostela, cidade na que estudou Dereito, Filosofía e Letras e Maxisterio. Colaborou tamén en diversos xornais e participou dalgunhas iniciativas, como a fundación da revista Abrente. Boletín de la Anunciada, xunto con Xosé Filgueira Valverde e outros escritores.

Posteriormente regresou a Ferrol, onde participou na publicación republicana Renovación e nas actividades do Centro Obreiro de Cultura. Comezou a desenvolver en paralelo un intenso traballo poético. Porén gran parte deste permaneceu inédito até despois do seu pasamento, malia recibir algúns premios, como un diploma no Certamen del Trabajo de 1935.

A guerra civil truncou a meirande parte da súa actividade pública. O autor limitouse ao seu traballo como mestre no Centro de Enseñanza General de Ferrol. Co tempo estabeleceuse en Barallobre, Fene, preto de Ferrol. Nesta terra viviu boa parte da súa vida e con ela estabeleceu unha fonda ligazón persoal, polo que foi denominado popularmente como o poeta do Penedo, lugar desta parroquia de Barallobre.

Entrou a traballar en ASTANO como peón caldeireiro, e posteriormente fíxose cargo do arquivo e mais da biblioteca do estaleiro.[1] Na década de 1960 ocupouse da dinamización cultural no Círculo Mercantil e Industrial Unidad de Fene. No entando, seguiu a recibir premios nacionais e internacionais. Algúns foron o de 1964 da Radio-Televisión Francesa, por dous poemas do seu libro Cartafol da saudade, ou a mención nos Xogos Florais de Pamplona de 1975. Faleceu en 1987.

Ese mesmo ano, o Círculo Mercantil creou na súa honra o Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé. Dende entón ten recibido multitude de homenaxes. Foi nomeado Fillo predilecto de Ferrol e déuselle o seu nome a unha rúa do seu barrio natal, Canido. En Fene, ademais de apoiar o premio literario, o concello púxolle o seu nome á Biblioteca Municipal e adicoulle un banco na Praza do Camiñante Descoñecido, xunto con outros bancos máis dedicados a destacadas figuras literarias do país. Frecuentemente organízanselle tamén homenaxes por parte das asociacións culturais de Fene. Existe tamén unha forte reivindicación para que sexa homenaxeado no Día das Letras Galegas.

Usou os pseudónimos O Segrel do Penedo e Don Grinfal.[2]

Popularidade

[editar | editar a fonte]
Praza do Camiñante Descoñecido en Barallobre, onde ten un banco co seu nome

Malia deixar boa parte da súa obra inédita e en edicións pequenas e mal distribuídas, Pérez Parallé gozou de sona na súa comarca. O seu estilo sinxelo pretendía estar próximo ás clases populares. Empregaba con frecuencia formas da literatura oral, fuxía do eruditismo e tiña a Celso Emilio Ferreiro como un dos seus referentes. Considerábase a si mesmo máis un segrel ca un poeta. Amais, colaborou de xeito asiduo en iniciativas culturais. Entre outras, foi letrista das rondallas de Ferrol e do certame de música infantil Cantareliña, e creou composicións populares como a dun esconxuro da Queimada.

Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé.

Existen dificultades, debido ao seu espallamento, de dar conta precisa de toda a obra escrita do autor. Algunhas edicións destacadas son:

  • Poemas e cantigas, 1995 (póstuma)
  • Cartafol da saudade, 1963
  • Mariñanas: Retábulo betanceiro, Hispania, Xuvia, 1961
  • Esconxuro da queimada, Xuvia, 1973
  • Esteiro, saga romancera dun barrio perdido, 1975
  • Dorna romeira, Fene, 1985
  • Chanteiro: poemario sinxelo, Centro Cultural Outeiro, 1990 (póstuma)
  1. A forxa, dun soño Astano
  2. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: p". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-02-07. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]