Xosé Vizoso
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de marzo de 1950 Mondoñedo, España |
| Morte | 9 de febreiro de 2025 Brión, España |
| Actividade | |
| Ocupación | debuxante, ilustrador, escultor, cartelista |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia Galega Universal Dicionario biográfico de Galicia Gallegos |
Xosé Vizoso Fernández, nado en Mondoñedo en 1950 e finado o 9 de febreiro de 2025 en Brión[1], foi un artista gráfico galego. En 1968 gañou o Premio Nacional de Escultura. Entre os seus labores destacan a restauración da catedral de Mondoñedo, entre 1966 e 1968, a conceptualización de pezas da cerámica galega Sargadelos, ou a realización do cartel do Centenario do Celta de Vigo.[2]
En 2021 rodouse un documental producido por Aser Álvarez González para Arraianos Producións sobre o papel de Vizoso en Sargadelos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Vizoso comezou a se interesar na pintura e na escultura desde cativo.[3]
| “ | Desde cativo deixeme encantar polos tipos máxicos e algo chalados que da a miña terra, aos que me gustaba retratar en debuxos coma, salvando ás distancias, Cunqueiro fixera coa súa literatura. | ” |
Estudou bacharelato artístico, e grazas ao escultor valenciano Juan Puchades, outrora o seu profesor de debuxo, comeza a se dedicar ás artes. Desde aquela comezou a alternar a súa formación con traballos eventuais, coma o labor no obradoiro dos Lichos en San Lázaro ou a restauración da catedral de Mondoñedo entre 1966 e 1968. Xa no mesmo 1966 participara na ilustración dalgún libro.
A etapa na cerámica de Sargadelos
[editar | editar a fonte]Vizoso foi, xunto con Xosé Díaz, un dos principais deseñadores de Sargadelos. Os primeiros contactos foron en 1968, cando Vizoso deu cun anuncio dunha oferta de traballo publicado no xornal lugués El Progreso. Desde entón comezou a traballar para a empresa cerámica, sendo mesmo a man dereita de Isaac Díaz Pardo, propietario da compañía.
A súa obra na empresa foi moi prolífica, con centos de carteis, cerámicas e ilustracións, caracterizadas por un estilo ligado ao rural galego, a súa cultura e as súas tradicións.[4] Foi o autor do único tarot galego.
En 1990 trasladouse a Brión, onde residiu ata o seu falecemento.[5][6]
Mural do Forriolo
[editar | editar a fonte]O mural concibido por Xosé Vizoso a petición de colectivo Arraianos para homenaxear ás vítimas do fascismo na bisbarra de Celanova, foi erguido no alto do Forriolo, no concello da Bola, en 2006. Este traballo ten dúas partes creativas: unha parte mural pintada con siluetas negras sobre fondo branco e trazos vermellos polo sangue derramado, en dirección leste; e outra parte escultural feita en ferro, e colocada en dirección oeste, ollando para Celanova. Está considerada como o Guernica galego[7], xunto coa obra de Castelao, A derradeira leición do mestre.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Falece Xosé Vizoso, prolífico artista alén de Sargadelos". 09/02/2025. Consultado o 09/02/2025.
- ↑ "O Celta da comezo ao seu centenario". 17 de novembro de 2022. Consultado o 15 de xaneiro de 2023.
- ↑ Vizoso, Xosé (1990). Cadernos de literatura infantil e xuvenil. Torre de Papel. p. 41-43. ISSN 0214-4123.
- ↑ "Vizoso, Xosé". DIDAC. Consultado o 27 de xuño de 2024.
- ↑ "Xosé Vizoso, un gran artista sen narcisismo.". Mundiario. Consultado o 27 de xuño de 2024.
- ↑ "Máis de 150 persoas arroupan a Xosé Vizoso na inauguración da exposición “Carteis 1970-2014”, que poderá visitarse ata o 26 de febreiro en Brión". A Coruña na rede. 18 xaneiro 2016. Consultado o 9/2/2025.
- ↑ "Xosé Vizoso, a man que chegou co lapis ás nosas casas". 31/01/2025. Consultado o 09/02/2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Vizoso |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Vizoso Fernández, Xosé". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 319.
- "Vizoso Fernández, Xosé". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xosé Vizoso e Sargadelos, Arraianos Producións (2020).