Xosé Robles Pazos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 21 de maio de 2012 ás 19:04 por Xqbot (conversa | contribucións) (r2.7.3) (Bot: Engado: fr:José Robles Pazos; cambios estética)

Xosé Robles Pazos, nado en Santiago de Compostela en 1897 e finado en 1937, foi un profesor, tradutor, e activista de esquerdas galego.

Traxectoria

Naceu nunha familia aristócrata, e o seu activismo político levouno a exiliarse nos EUA. Na década de 1920, mentres daba clase na Johns Hopkins University converteuse en amigo do escritor John Dos Passos, tamén milintante radical de esquerdas, e convertiuse no seu tradutor ao castelán. Aínda na actualidade está vixente a súa tradución de Manhattan Transfer. Tamén traduciu algunhas obras de Sinclair Lewis.

Durante o Alzamento Nacional e o estoupido da Guerra Civil Española, Xosé Robles estaba de vacacións en España. Apoiou a causa republicana, traballando de tradutor para o Ministerio da Guerra. Coñecedor da lingua rusa, foi nomeado tenente coronel polo e asignado como tradutor e colaborador do xeneral Vladimir Gorev. Pero a súa visión independente levouno a un conflito cos axentes da Unión Soviética, que estaban a conseguir cada vez máis poder no goberno e na zona republicana.

A comezos de 1937 Xosé Robles desapareceu. O xornalista estadounidense de esquerdas Josephine Herbst, nunha visita á fronte de guerra, averiguou que fora arrestado e fusilado por ser un espía das tropas franquistas, e deu esta información a Ernest Hemingway e Dos Passos, que estaban en Madrid. As circunstancias exactas da súa morte nunca foron clarificadas, poñéndose en dúbida o cargo de ser espía das tropas fascistas. Pola contra, suxeriuse que foi matado por axentes da NKVD (liderados por Alexander Orlov), xunto a outros militantes de esquerda como Andreu Nin.

A morte de Xosé Robles provocou a ruptura da amizade entre Hemingway e Dos Passos. Hemingway xustificou a morte, como necesaria en tempos de guerra, mentres que Dos Passos, conmocionado pola morte do seu amigo, rompeu o seu compromiso coa esquerda e comezou a súa deriva cara á dereita.

Bibliografía