Xosé Manuel Seivane Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Manuel Seivane Rivas
Xose manuel seivane.jpg
Nacemento1921
 A Pastoriza
Falecemento27 de xaneiro de 2012
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Xosé Manuel Seivane Rivas, nado en Fomiñá (A Pastoriza) en 1921 e finado en Cambre o 27 de xaneiro de 2012, foi un artesán creador de gaitas galegas.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xosé Seivane abriu o seu primeiro obradoiro de gaitas con 18 anos. Xa tocaba de antes a gaita e o clarinete mais devecía por crear a súa gaita por si mesmo. Axudárono o seu pai, Francisco, ebanista e a súa nai, Estrella, que tiña un bo ouvido musical e lle transmitiu as melodías de gaiteiros xa desaparecidos, como Curuxeiras. Daquela, as gaitas fabricábanas ebanistas-torneiros e os gaiteiros afinábanas, facendo eles as súas propias palletas e en moitos casos as gaitas mesmas. Xosé Manuel Seivane decidiu dedicarse exclusivamente á construción.

Gaita fabricada por Seivane.

Ao casar, trasladou o obradoiro para Ribeira de Piquín, onde comezou a súa sona. Os seus fillos, Álvaro e Xosé Manuel, e algúns netos continúan o seu labor. Desde 1994, o obradoiro está instalado en Cambre. A súa neta, Susana Seivane, filla de Álvaro, é unha gaiteira notábel.

O obradoiro de Seivane é, posibelmente, o máis estimado de Galiza. Nos seus máis sesenta anos de historia contribuíu ao desenvolvemento da gaita galega, por exemplo na unificación das palletas, ou no perfeccionamento da afinación, con pasos importantes na escala do punteiro.

Ó longo da súa vida, recibiu numerosas homenaxes, talvez a máis sentida foi a que lle dedicaron os seus veciños da Ribeira de Piquín en 2008 pola súa contribución á música tradicional galega.

Faleceu o 27 de xaneiro de 2012 ós 90 anos de idade.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]